29/12/08

O bibliotecario heavy

Hai moitos tipos de bibliotecarios e de bibliotecarias, pero coñecíades o "bibliotecario heavy"?


Vía Trafegando ronseis.

19/12/08

Guía de recomendacións para o tempo de nadal


As bibliotecas municipais e escolares de Cambre estivemos traballando na elaboración dunha guía conxunta de suxestións para agasallos de Nadal. É este o terceiro traballo que realizamos en colaboración co concello e temos que dicir que a experiencia é sumamente enriquecedora. Estamos realmente moi orgullosos do resultado que vos presentamos e que repartimos en todos os centros de ensino do concello e que se distribúe tamén a través das bibliotecas municipais. Os centros que participamos no proxecto somos: Galescola, CEIP Portofaro, CEIP O Graxal, CEIP Torrente Ballester, CEIP Emilio González López, CEIP Wenceslao Fernández Flórez, IES David Buján e o IES Afonso X O Sabio.



Desde as bibliotecas municipais e escolares de Cambre desexámosvos Bo Nadal e propoñémosvos esta guía de propostas para agasallar nas próximas festas. Incluímos libros para todas as idades, banda deseñada, dvds, cds, todo un mundo para gozar e compartir. É un traballo colaborativo feito con ilusión por todos nós.

Xa sabedes: Un libro sempre, tamén no Nadal.
Bo Nadal e Aninovo

18/12/08

As linguas

Grazas ao blog amigo Trafegando ronseis, coñecimos este vídeo sobre as relacións entre a lingua galega e a portuguesa.


16/12/08

A nosa biblio na prensa



A edición en papel do xornal coruñés La Opinión


publica hoxe a noticia do premio recibido pola nosa biblioteca.


A nova tan só contén dous erros (menos mal que recibiron a


información por escrito...)

13/12/08

Unha de indios

-Ilustración a partir dun debuxo de Alejandro G. (4ºA)-


Canción dos indios chippewas

Desde a outra metade
do ceo
o que alí habita
ven facendo ruído.
Este ceo azul
cando lle falo
respóndeme.


-Ilustración a partir dun debuxo de Yago F. (4ºA)-


Canción dos indios navajos

¡A voz que embelece a terra!
A voz de arriba,
a voz do trono,
entre as nubes negras,
está soando e soando,
a voz que embelece a terra.

¡A voz que embelece a terra!

Avoz de abaixo,
a voz do saltón,
entre as flores e a herba,
está soando e soando,
a voz que embelece a terra.


-Ilustración de Lucas S. (4ºA)-


Oración sioux

Avó,
vou lanzar a miña voz,
¡escoitame!
Por todo
o univereso
vou lanzar a miña voz,
¡escoitame,
avó!
¡Quero vivir!
Xa o dixen.


As tres están extraídas do libro Antología de poesía primitiva, editado por Ernesto Cardenal, en Alianza Editorial. Podes atopalo nesta biblioteca, na sección "Outras literaturas".

12/12/08

Atréveste con Leonardo da Vinci?


Non hai xeito mellor de coñecer a un personaxe que meténdose no seu pel, investigar da mesma forma que el, cos seus recursos.
Neste libro poderás atopar desde o seu libro de familia, planos das cidades onde vivíu, coñecer os seus deseños militares, as súas ideas para volar, para mellorar o transporte; os seus planes secretos, os novos instrumentos musicais que deseñou, o seu robot, as innovacións nas técnicas pictóricas ata o seu testamento.

Sabías que Leonado escribía de dereita a esquerda? Neste libro atopas algún espello para comprender os seus textos.


Todo Leonardo en: Susanne Rebscher. Leonardo da Vinci. Zaragoza, Edelvives, 2008.

10/12/08

10 de decembro: Día Internacional dos Dereitos Humanos

As amigas bibliotecarias do IES Río Cabe de Monforte, ofrécennos este cartel sobre O Día do Dereitos Humanos. A calidade do deseño de Bea está resultando difícil de superar.

Informe dos Dereitos Humanos en 2008 de Amnistía Internacional:



Tamén vos recomendo esta audiovisual de Amnistía Internacional sobre os 60 anos da Declaración.

07/12/08

Visitamos Culturgal















O pasado venres case en alumnos e alumnas do centro e cinco docentes visitamos a feira da cultura de Galicia: CULTURGAL.

Tras deleitarnos coa representación de Bicos con lingua, a obra de maior éxito do teatro galego, da compañía Talía teatro, recorrimos as instalacións de Palexco para apreciar a viveza e a riqueza da cultura galega: artes escénicas, vídeo creación, cinema, cinema de animación, teatro, publicacións periódicas, literatura, editoriais, creación musical (como toca o baixo o profesor de debuxo!!!)

O seu
programa oficial, na prensa.




04/12/08

A frase do mes



Adolfo Bioy Casares

"Pocos objetos materiales han de estar tan entrañablemente vinculados a nuestra vida como algunos libros. Los queremos por sus enseñanzas, porque nos dieron placer, porque estimularon nuestra inteligencia, o nuestra imaginación, o nuestras ganas de vivir."

02/12/08

As mochilas viaxeiras iniciaron o seu recorrido

Tras varios meses de estar agochadas nalgún armario, as mochilas foron liberadas. Primeiro foron expostas a posibles clientes (para que son?, para quen son?, podo levarme algunha?), despois foron recibindo materiais (música, cine, revistas, libros) para que os nosos alumnos e alumnas e as súas familias podan descubrir a variedade de recursos documentais da nosa biblioteca ao tempo que disfrutan coa lectura, a música e o cinema.

Cada familia de 1º de ESO poderá ter as mochilas durante dúas semanas, asinando un pequeno contrato e cubrindo unha breve enquisa sobre os materiais, despois, as mochilas continuarán as súas enriquecedoras viaxes.