29/03/23

Agasallo de Estíbaliz Espinosa

 ESTÍBALIZ ESPINOSA: AMOR PURO

        Despois do obradoiro de poesía que estivo a impartir ao noso alumnado de 2ºESO, Estíbaliz Espinosa tiña un agasallo marabilloso para a nosa biblioteca. Xa contamos entre os nosos fondos co seu poemario ...as enuronas irmás... adicado para nós e o documental De mayor quiero ser cietífica. Moitísimas gracias, Estíbaliz!



27/03/23

27marzo: día do teatro

 O GRAN TEATRO DO MUNDO


        Desde 1961, o 27 de marzo celébrase o día mundial do teatro. Na biblioteca queremos propñervos que non só vexades rerpresentadas as obras teatrais, senón que tamén as leades. Por iso, fixemos unha escolma de títulos que podedes levar a casa:

        Ademais, este curso creouse, cunha gran acollida por parte do alumnado, o grupo de teatro Espello gracias ao traballo do departamento de Lingua Castelá. Levan todo o ano ensaiando e xa puidemos ver o profesionais que son na representación solidaria de Historias de Nadal. Parabéns polos logros que estades a acadar no voso primeiro ano como formación teatral. 

21/03/23

21marzo: día da poesía

 CELEBREMOS A POESÍA

       

        Onte chegou a primavera e hoxe celebramos o día mundial da poesía. É unha ocasión perfecta para homenaxear aos e ás poetas, ademais de promover a lectura e escritura deste xénero.

        Como di a poeta Lúa Mosquetera, "a poesía é como esta casas/cíclica, recursiva, contante/reconforta e incomoda a partes iguais/A poesía é o lugar común no que estamos todos hoxe. Axúdanos a partillar todo aquilo que levamos gardado por vergonza ou por medo./A poesía é o logar ao que volver"

        Esta sensibilidade é unha ensinanza fundamental que podemos conseguir gracias á líria. Por iso, este é un día especial para nós, no que organizáronse actividades de toda índole.

        Tivemos o placer de contar coa poeta Estíbaliz Espinosa, que impartiu un obradoiro ao  alumnado de 2º ESO para que non perdan a curiosidade e se acheguen á poesía sen prexuízos.


 

     Desde o departamento de Lingua Castelá, os alumnos de 2º ESO realizaron unha exposición das súas creacións poéticas, Pasade polo vestíbulo para botar unha ollada a estes traballos tan creativos.


        Desde o departamento de Lingua galega, aproveitando o bo tempo, plantaron poemas de Rosalía de Castro. Que importante é sementar poesía!

        Ademais, temos algunha suxestión lírica para que podas levar para casa e así poñas un broche dourado á celebración da poesía.


08/03/23

8M: día da muller

 TODAS XUNTAS LOITANDO

        Este é un día sinalado no noso calendario como esencial para poder conseguir vivir nunha sociedade na que todo@ sexamos iguais. Para visibilizalo, vestimos o noso centro de morado.


        Para celebrarlo, preparamos actividades onde o eixo conductor é a muller. Na biblioteca o alumnado buscou información, por unha banda, de escritoras diversas e a súa relación co papel da muller e o feminismo e, por outra banda, científicas e o seu descubrimento ou invención importante para a humanidade. 

        O resultado final deste traballo de investigación foi extraordinario gracias á implicación da rapazada e podedes vir á biblioteca a velo.

         Ademais, crearon poemas colectivos no que queda reflectido o que queremos conseguir para o noso día a día

        Como xa é tradición no centro, montamos no vestíbulo un photocall para que todo o que quixese puidera inmortalizar esta celebración. fúchedes moitos alumnos e profesores os que viñechedes a facer a foto
     
        Ademais, puxemos tanto no vestíbulo como na biblioteca unha escolma de lecturas para conmemorar o 8m e podades entender que o feminismo é necesario en todos os ámbitos da nosa vida


        Moitas gracias a todo o alumnado e profesorado pola vosa implicación na celebración deste día, pero lembrade que loita pola igualdade continúa os 365 días do ano.

03/03/23

Gañadores concurso de Rosalía

 GAÑADORES CONSURSO COLLAGE DE ROSALÍA 

        Todos os artistas que resultaron gañadores do concurso de gollage sobre Rosalía de Castro pasaron pola biblioteca a recoller os seus premios. Ademais, queremos agradecer a alta participación nesta actividade organizada coa colaboración de dinamización lingüísitica e o departamento de lingua galega.



01/03/23

Concurso esopías

 CONCURSO DE ESOPÍAS

        Por segundo ano, en colaboración co departamento de Matemáticas e o equipo de dinamización lingüística, convocamos o concurso de esopías inéditas e en galego. Tedes ata o 15 de marzo para entregalas. Estamos desexando que participedes! Animádevos!