No 2021, ano xacobeo, celebramos o 800 aniversario do
nacemento de Afonso X (Toledo, 23 de novembro de 1221-Sevilla, 4 de abril de
1284), rei de Castela, León e Galicia (1252-1284).
Por todo iso, os departamentos de Xeografía e Historia,
Música e Lingua Galega prepararon a exposición “Afonxo X e Galicia” no
recibidor do centro educativo que se pode contemplar durante o mes de decembro. A Biblioteca facilitou o soporte documental así como bibliografía sobre Afonso X. Ademais o departamento de Informática colabou no deseño da mesma e no parcapáxinas conmemorativo
O monarca escolleu a lingua galega para a redacción das
Cantigas de Santa María, un dos monumentos medievais máis importantes da lingua
e da cultura galegas, así como da literatura e da música medievais europeas. A
obra científica, xurídica, histórica e cultural afonsina foi clave para a
estratexia internacional do seu proxecto político, o denominado fecho del
Imperio, e para a súa relación co papado.
Os testemuños literarios do corpus mariano afonsino
referidos a Galicia e á peregrinaxe compostelá son un documento inescusable
para coñecer o pasado medieval galego, para a súa historia e para a súa
cultura.