30/10/23

Samaín listo

 XA ESTAMOS LISTOS PARA O SAMAÍN!

     Ao igual que no resto do centro, na biblioteca xa o temos todo listo para celebrar o Samaín. Mañá será un día cheo de sorpresas terroríficas en diferentes recunchos do centro. Estade atentos e acercádevos nos recreos para descubrir o que temos preparado da biblioteca.


    
      Ademais, xa podedes ver algunhas das nosas recomendacións terroríficas no panel do corredor. Podedes levalas para casa e así quentar motores para mañá.


25/10/23

24 outubro: día das bibliotecas

 CELEBRAMOS O NOSO DÍA


      O 24 de outubro celébrase o día das bibliotecas para non esquecer o día no que a Biblioteca Nacional de Saraxevo foi destruída durante o conflicto bélico dos Balcáns. Como equipo e usuarios das bibliotecas escorales e municipais, estamos moi orgullosos da comunidade que estamos a tecer.

          Non se nos ocorre mellor maneira de celebrarlo que en boa compañía e rodeados de libros. Os integrantes do club de literatura comparada aproveitaron ademais para asesorarnos na compra de novidades tanto en galego como en castelán (que estarán dispoñibles en breves para empréstito)

            Ademais, hoxe inaguramos o Recuncho Familiar. O ano pasado xa comezaramos a destacar lecturas para toda a familia mediante as nosas mochilas viaxeiras, pero este ano conta cun espazo permanente dentro da nosa biblioteca. Nesta nova sección, mensualmente faremos unha selección de lecturas de toda índole que se acheguen aos intereses de todos os membros e que podan compartilos coa familia. 

             Neste mes, seleccionamos lecturas moi variadas, como a epopea Azucre de Bibliana Candia , a banda deseñada Miguel en Cervantes. el retablo de las maravillas de Miguelanxo Prado e David Rubín, o libro de arte con pingas literarias Emocionarte de Carlos del Amor, ou a novela de ciencia ficción Guía del autoestopista galáctico de Douglas Adams, entre outros. Non obstante, podedes vir á biblioteca para descubrir moitas máis lecturas que están no voso recuncho para gozalas en familia :


24/10/23

Urxente

 ADIADAS AS ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA


        As actividades que estaban programadas na biblioteca no día de hoxe quedan adidas pola folga de docentes.  As actividades para conmemoración do día das Bibliotecas a partir do mércores 25 de outubro. Ademais, o consurso sobre o cambio climático terá lugar o luns 30 de outubro nos recreos.
 

23/10/23

Novidades lectoras outubro

 

        No mes de outubro, noso catálogo temos moitas novidades. Fixemos unha escolma de novos mangas, bandas deseñadas e novelas de ciencia ficción para que podades levar para casa e explorar novos mundos.

          Esperamos que vos gusten 😊 Ademais, lembramosvos que se tedes algunha suxestión podedes deixala no noso buzón.

Samaín en elaboración

 PREPARANDO O SAMAÍN

      No centro xa estamos quentando motores para a celebración do Samaín o próximo 31 de outubro. Por iso, ademais de montar o noso Camposanto, exposicións sobre o Samáin, performances do coro, lecturas terroríficas e o paseo da Santa Compaña, desde Normalización Lingüísitica convocan dous concursos:
  • Portas monstruosas (concurso dirixido ao alummado de 1º e 2º ESO)
  • Tumba de materiais reciclados cun epitafio terrorífico ou divertido (concurso dirixido a todo o alumnado do centro)
      Tedes ata o día o día 27 de outubro para participar. Haberá premio. Esperamos a vosa participación!


      Ademais, gracias ao nosos voluntarios xa estamos a preparar a biblioteca para ese día tan especial no centro:


24 outubro: día contra o cambio climático

 COIDA O PLANETA

        Mañá conmemórase o día contra o cambio climático, un problema que nos afecta a todos. Desde a biblioteca queremos achegar o noso gran de area para desbotar todas as loiadas que se presentan nas Redes Sociais sobre este tema. Por iso, preparamos un consurso sobre fake news do cambio climático

          Teredes que buscar nos fondos bibliográficos da biblioteca se unha serie de afirmacións sobre o cambio climático son verdadeiras o falsas. 

        Pasade polo primeiro recreo do martes para participar. Haberá premios para os máis rápidos en contestar de forma correcta. Animarvos!

16/10/23

16 outubro: día das escritoras

LE EN FEMININO

        Este ano a Biblioteca Nacional de España celebra a octava edición do Día das Escritoras baixo o lema "O pracer, a ledicia e a risa das mulleres". Non hai mellor forma de celebrarlo que lendo a autoras de todas as épocas, todos os xéneros e todos os estilos. Así poderemos darlles o espazo que lles foi negado durante tantos séculos. 

        Coa estimada colaboración de parte do voluntariado de Bacharelato, fixemos unha escolma das autoras que están presentes na nosa biblioteca e que podes levar a casa para celebrar este día. Pásate e lévate a que máis che chame a atención. Se botas algunha autora en falta, podes contribuír a nosa exposición buscando o libro e incluíndoo nas mesas.



          Como novidade deste curso, no noso catálogo podes consultar a lista recomendacións en feminino na que se recollen escritoras que esperamos que vos gusten.

          Ademais, queremos facer unha mención especial a todas esas autoras galegas que no 2023 foron premiadas e que deixan constancia do nivel da nosa literatura actual:

            Desfruta da lectura en feminino!

11/10/23

Reunión de voluntari@s

 REUNIÓN VOLUNTARIADO

        Lembrade que a próxima semana temos unha reunión do alumnado voluntario para repartir as tarefas nas que colaboraredes na biblioteca. Estamos moi felices pola gran acollida que tivo a convocatoria. Estamos a tecer comunidade. 

        Se queres formar parte do noso equipo, aínda estás a tempo. Pasa pola biblioteca e únete á reunión do próximo luns no segundo recreo.

10/10/23

10 de outubro: día da saúde mental

 COIDA A TÚA SAÚDE MENTAL



            Como cada 10 de outubro, celebrase o día mundial da saúde mental para concienciar sobre la importancia da mesma. Desde Somos estupendas, queren concienciarnos se é así como nos queren?


          Para concienciar sobre a importancia da saúde mental queremos que refelexionedes sobre os seguintes datos:

    • Un de cada catro persoas terá algún tipo de problema de saúde mental ao longo da súa vida.
    • Aproximadamente 450 millóns de persoas en todo o mundo veranse afectadas por un problema de saúde mental.
    • Máis de 300 millóns de persoas no mundo viven con depresión, cifra que aumentou un 18.4% entre 2005 e 2015.
    • O 50% comezan antes dos 14 anos e o 75% antes dos 18.
    • Máis da metade de persoas con algún transtorno mental que necesitarían tratamento non o reciben.
          Desde a biblioteca, queremos tender a man a todos os que necesitades un lugar seguro para poder expresar os vosos problemas. Por iso, escollemos unha serie de lecturas que consideramos que poden ser un bo punto de partida para identificar os nosos problemas e así conseguir ter unha boa sáude mental.  


          Non só están no panel da biblioteca, senón que podedes consultar a seguinte lista do noso catálogo: 
            Esperamos que vos gusten, que as levedes para casa e despois falemos de elas.


09/10/23

club de xadrez

 ÚNETE AO CLUB DE XADREZ!




        Unha das novidades deste ano é a creación dun club de axedrez. Este proxecto está aberto a todo o mundo. Buscamos poder disfrutar de todas as vantaxas deste deporte: mellorar a capacidade de concentración, de planificación, de estratexia...

      Reunirémonos todos os mércores no segundo recreo na biblioteca a partir do 4 de novembro.  Todo está listo apra empezar. Só faltas ti😉. Pasa pola biblioteca antes do 1 de novembro para anotarte.  

04/10/23

Club ecléctico Bacharelato

O CLUB MIRA POLA FIESTRA VALDEIRA  

       No día de onte os membros do club ecléctico O bosque animado de 2º de Bacharelato volveron a reunirse despois do verán para centrarse na primeira lectura deste curso: A fiestra Valdeira de Rafael Dieste. Nesata xutanza na hora de comer non só debatiron sobre a súa simboloxía e compartiron impresións sobre a trama e os personaxes, senón que tamén se animaron a dramatizar as súas escenas favoritas. 

    Encántanos empregar o espazo da biblioteca para compartir o pracer da lectura. Continuamos tecendo comunidade.

02/10/23

Horario dos nosos clubs

OS CLUBS XA ESTÁN EN MARCHA!

      Despois de moitas voltas para encaixar todos os clubes e que podades formar parte de todos os que querades, xa temos o horario de todos eles.

      Os coordinadores de cada club avisará aos integrantes das do calendario das reunións.
      Moitas gracias por tecer comunidade a través da lectura.