29/09/23

Novidades lectoras setembro

        Pasa pola biblioteca para coñecer as novidades de setembro. Preparamos un panel con algunhas delas, pero hai moitas máis dentro da biblioteca. Entra e pregunta.

        Ademais, se non atopas o que buscas podes deixar a túa suxestión no noso buzón. 

28/09/23

Hora de ler

 RETOMAMOS OS BOS COSTUMES.      TOD@ A LER!

       
          Xa está de volta a hora de ler incluída no Plan Lector do noso instituto. Con ela, retomamos un ano máis costumes que nos permiten desfrutar da lectura todas as semanas nas aulas. Iniciamos este costume o luns a primeria hora. Ademais de ter xa anotados nos tablóns das clases as datas deste cruso, podedes conssultar o seguinte calendario onde aparece sinaladas as horas nas que se levará a cabo a hora de les en cada mes de curso 2023/2024:


           Xa podedes anotar nas vosas axendas o día que tedes que traer as vosas lecturas en papel. Tamén podedes telas seleccionadas no voso ordenador grazas á Plataforma ELBE 2. Se non sabesdes como se emprega, non tedes máis que seguir as seguintes instrucións.


            Ademais, por se alún de vós esquece o libro ou precisa de asesoramento, cada grupo disporá dunha caiza con suxestións lectoras de todo tipo que foron escollidas con moito mimos polos membros da biblioteca e que se renovará cada un dos trimestres. 







27/09/23

Parabéns Yolanda

 PREMIO NACIONAL DE POESÍA




            A poeta galega Yolanda Castaño foi galardoada co premio nacional de poesía que outorga o Ministerio de Cultura e Deportes pola súa obra Materia. O xurado valorou "a poderosa proposta poética na que cada estado da materia exrpésase cun tono propio cunha extraordinaria forza vocativa e sensorial". Este premio non fai máis que constatar que a lírica galega actual atópase nun momento excepcional pois é o segundo ano que un dos nosos poetas recibe tal honra.

          Esta obra que explora maternidad, familia e costumes estivo entre as nosas adquisións do ano pasado. Achégate á  biblioteca para poder disfrutar dela. Tamén podes desfrutar do premio nacional do ano pasado Ismael Ramos. 

25/09/23

Campaña voluntarios

            BÚSCANSE VOLUNTARI@S 

       Outro ano máis queremos dar a oportunidade a todo o alumnado do centro a traballar como voluntari@s e así facer da biblioteca algo máis próximo a todos vós. 



          Seguro que coa vosa colaboración todo funcionará aínda mellor! Pasade en calquera dos recreos pola biblioteca e anotádevos. A biblioteca necesítavos!

18/09/23

Volven os clubes de lectura

 Estamos de volta!



      Un ano máis os clubes de lectura queren forma parte da túa vida. Entre a variedade de clubes que propoñemos este curso desde a Biblioteca, seguro que atopas algún do que queras formar parte: 

o    Clubes de literatura e cinedirixidos ao alumnado de toda a Secundaria e Bacharelato e coordinado por Iria Collantes (profesora de lingua castelá e literatura).

o    Club Apología de un matemático: dirixido ao alumnado de Matemáticas Académicas de 4º ESO e 1ª BACH e coordinado por Eduardo Dorrego (profesor de Matemáticas).

o    Clubes de mangadirixido ao alumnado de ESO e Bacharelato e coordinado por  María Jesús Domínguez e Estefanía Fernández (profesores de Música e Historia).

o    Club de literatura universaldirixido ao alumnado de 1º BACH coordinado por Rosa Maceiras (profesora de lingua castelá e literatura).

o    Club de artes escénicas: dirixido ao alumnado da materia Artes escénicas e danza de 4º ESO e coordinado por Beatriz Alonso (profesora de Música).

o   Clubes ecléticos O bosque animadodirixido ao alumnado de ESO e Bacharelato e coordinado por Estefanía Fernández (profesora de Historia) e Iria Collantes (profesora de Lingua Castelá)

o    Clube LGTBIQ+dirixido ao alumnado de ESO e BACH e coordinado por Graciela Fiaño Cacheda (Departamento de Orientación)

o    Clube de adultosdirixido ás nais e pais do alumnado do centro e ao profesorado. Será coordinado por Susana Vicente (profesora de Latín), Iria Collantes (profesora de Lingua Castelá e Literatura) e Estefanía Fernández (profesora de Historia)

o    Clube de literatura universal: dirixido ao alumnado da materia de Literatura Universal de 1º BACH coordinado por Rosa Maceiras (profesora de lingua castelá e literatura).

o  Club de poesía: dirixido ao alumnado de ESO e Bacharelato e coordinado por Iria Collantes (profesora de Lingua castelá)

        Animádevos e apuntádevos na biblioteca do centro durante calquera dos recreos. Estamos desexando contar con vós nestas actividades.

         Tamén podedes mandar un correo da biblioteca indicando nome, apelidos, curso e clube no que estás interesado en participar.

 

15/09/23

Xa estamos abertos

 VOLVEMOS CON MOITAS GANAS

      Despois dun merecido descanso, as portas da nosa biblioteca xa están abertas e comenzamos o curso con moitas ganas. 

      Estamos encantados de que tanto a reapertura como as novas seccións (como a ludoteca, que irá medrando neste curso) tiveran tan boa acollida entre o alumnado. Moitísmas gracias por vir durante todos os recreos e facer da biblioteca un espazo vivo:


          Ademais, o equipo da biblioteca estamos a preparar novidades no espazo e moitas actividades de diversa índole para este curso. Estade moi atentos 😉