10/03/22

Negrísima: A quinta muller

 La quinta mujer, Henning Mankell | Blogs Clubs Lectura das Bibliotecas  Municipais da Coruña  






 

O libro A quinta muller do escritor sueco Henning Mankell foi a lectura do mes de febreiro no club das familias e dos docentes do noso IES. 

Un dos grandes da novela policíaca nórdica, Mankell presenta un capítulo máis do incansable detective Kurt Wallander. 

Solitario e triste, o experimentado e sagaz detective, atópase, neste caso, cunha astuta e despiadada asasina que se toma a xustiza pola súa man. Unha muller capaz dos máis horrorosos crimes e pro da vinganza. 

Mankell mantén a atención dos lectores  nunha obra que, como en toda a serie Wallander, profundiza no ben e o mal, no sentido da xustiza, no amor e o desamor, na vellez e nas relacións persoais. O autor é moi crítico coa sociedade sueca ao igual que xa vimos no islandés Arnaldur Indridasson.

Cun estilo poético, Mankell vai mesturando a realidade, o presente, coas lembranzas do pasado. E de fondo, sempre, a cruda meteoroloxía do norte de Europa que define a psicoloxía dos personaxes que pululan pola novela. 

Muere Henning Mankell, maestro sueco de la novela negra | Cultura | EL PAÍS  Suède. Henning Mankell : mort d'un écrivain à la vie mouvementée



 

 

 

 

 


06/03/22

Un ano máis: Reporteiros viaxeiros

 Desafíos y oportunidades de la industria de viajes - Agencia UNE

 Un ano máis cos nosos Reporteiros viaxeiros

Nesta ocasión, cun programa especial dedicado ás cidades do mundo. O alumnado de 2º ESO F animouse a presentar esta nova e intensa edición que pecha a Xeografía deste curso. 

Cuns animosos presentadores e un sinfín de reporteiros e reporteiras percorremos lugares tan diversos como Venecia, Sidney, Seúl, Palmanova, Londres, Bilbao ou Kioto- Nagoya entre outros. Con todos eles coñecemos os planos que presentan as cidades así como lugares a visitar nestas. 

Sabías que nalgunhas destas cidades están moi presentes algúns dos máis coñecidos superheroes do comic?

Animámosvos a atopar aos superheroes que se nomean nalgunhas das reportaxes!