Amosando publicacións coa etiqueta Jazz. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Jazz. Amosar todas as publicacións

04/02/22

Negrísima: Ollos de auga

      

 

    Ollos de Auga, de Domingo Villar (2006) - O Xornalismo está nos Bares

Esta semana asistimos  a unha nova xuntanza do club de lectura de pais, nais e profes dedicado á novela negra. A lectura deste mes foi Ollos de auga, unha novela policíaca de Domingo Villar que se desenvolve na cidade de Vigo e a súa contorna. 

Da man do inspector Leo Caldas e o seu axudante Estévez percorremos as rúas e prazas da cidade olívica así como nos desprazamos a Bueu e a praia de Lapamán.

O solitario e reflexivo inspector Caldas resolve en poucos días, grazas a súa intuición, o asasinato dun saxofonista. 

No club de lectura comentáronse elementos  moi presentes na novela: a climatoloxía galega (as néboas, a choiva, a humidade), o plomizo mar,  a gastronomía propia do país (as luras do Elixio, por exemplo) e a idiosincrasia característica da nosa terra. Tamén dedicouse un anaco á figura protagonista: o solitario e reflexivo Leo Caldas.

 Así mesmo, a  música é un elemento moi presente na novela. O tema I love my man de Billie Holiday  acompáñanos nos momentos clave da obra pechando o capítulo final. 

Non te perdas esta entrevista a Domingo Villar. Nesta, o autor, transmítenos como as pescudas policíacas das súas novelas son a excusa para amosar aos lectores  as relacións humanas, os sentimentos, o novo papel da muller ou a vellez. Son temas moi presentes na obra deste autor afincado en Madrid e que escribe con morriña de Galicia.

https://view.genial.ly/61f5a14cb021450012aeff3a/interactive-conEntrevista con Domingo Villar

               El último barco' del vigués Domingo Villar, mejor novela negra española del  año - Faro de Vigo






09/05/10

A música da biblioteca 3: Jazz e Cómic


Dexter Gordon

Artigos: Público, El País

Na biblioteca contamos con algúns títulos pertencentes a unha serie de Edicións Nocturne. Son unha especie de “greatest hits” do jazz (entendido nun sentido tan amplo que case se pode interpretar como música popular da primeira metade do século XX).

No mercado español hai máis dos que temos na biblioteca, pero xa temos unhas mostras suficientes; podemos achegarnos á trompeta de Louis Armstrong, ao superventas do King Cole, á profunda Billie Holiday, ao Bebop de Charlie Parker, o scat de Ella Fitzgerald, e á Voz eterna de Frank Sinatra. Estes discos veñen unidos a unhas historias cun pouco de realidade e moito de imaxinación cos artistas como protagonistas.


Como extra eu engado a un dos meus músicos favoritos, do quen tamén esta colección ten outro cómic (mais non o temos na biblio, se houbese alguén moi interesado eu o teño na casa) o gypsy jazz de Django Reinhardt