30/11/08
27/11/08
III Premio Nacional de buenas prácticas para la dinamización e innovación de las bibliotecas de los centros escolares
O Equipo da Biblioteca O Bosque Animado está moi contento e satisfeito pola valoración que desde fóra do centro se fai do noso traballo.
Este premio queremos dedicalo especialmente ao alumnado do IES Afonso X O Sabio. Queremos, tamén, agradecer a todas as persoas que os durante cursos anteriores participaron na mellora da biblioteca (docentes, ANPA, compañeiros e compañeiras doutros centros...) a súa dedicación é esforzo.
Este premio é de tod@s e para tod@s
E moitas grazas aos máis de sesenta que centros/responsables de bibliotecas escolares que nos teñen felicitado (desde os outros centros de Cambre, a toda Galicia, a Murcia, Barcelona, Portugal, México...). Impresionados estamos.
25/11/08
25-N: Día Contra a Violencia de Xénero
Amistades peligrosas: "Quítame ese velo"
Shania Twain: "Black eyes, blue tears"
Amaral "Salir corriendo"
Ismael Serrano "Caperucita"
Estes blog comparten con nós o seu traballo: Trafegando ronseis (imprescindible visitar as súas entradas sobre a violencia) e O Segrel do Penedo (coñecede a entrada do venres día 21). Non esquezades visitar as entradas sobre este tema noutros dous magníficos blogs: Mesturas e Biblioarzúa.
23/11/08
1984, de George Orwell (novela de ciencia-ficción)
Hoxe en día, a maioría da xente cando lle falas de ciencia-ficción pensa en: extraterrestres, naves espaciais, etc. En realidade, a ciencia-ficción é moito máis que iso, e esta intimamente ligada coa ciencia e a filosofía; como por exemplo, se nos mostra en esta obra de George Orwell 1984.
Nesta obra, unha das máis importantes do xénero, presentasenos un mundo como o noso, pero no futuro, no cal as personas perderon a sua capacidade de pensamento, sentimentos, intimidade, e viven controladas, vixiadas e dominadas pola omnipresente figura do ``Gran Irmán´´(todo nace dos libros... ata os ``reality-shows´´).
Adiante, atrevete a acompañar a Winston Smith (o protagonista da obra) nunha loita contra o ``Gran Irmán´´, contra o poder establecido e sobre todo, unha loita consigo mesmo para cambiar a sociedade, para cambiar o mundo.
Atrevete a ler esta incrible obra mestra da ciencia-ficción e descobre ¿quen é en realidade o ``Gran Irmán´´?, ou se en realidade, ¿vivimos (hoxe en día) sometidos a unha ``especie´´ de ``Gran Irmán´´?
FRASES DO LIBRO
*AS TRES CONSIGNAS DO ``GRAN IRMÁN´´:
- ``A guerra é a paz´´
-``A liberdade é a esclavitude´´
-``A ignorancia é a forza´´
-``Quen controla o presente, controla o pasado, e quen controla o pasado, controla o futuro´´.
E agora, para que vos animedes ainda máis a ler o libro( que podedes encontrar na biblioteca do instituto) poño un par de videos de ``Youtube´´ sobre a obra:
1.Todo bo libro, ten unha película; aqui se mostra un anaco dela, coa música do gran grupo de ``rock alternative´´ RADIOHEAD, o cal lle dedica unha canción a este libro titulada: ``1+1=5´´, o significado dese título e o poque da canción, o saberedes o ler o libro(¿?) ...
Espero que vos animedes a lelo.
Iván Carnota (2º B bach.)
JMG Le Clézio premio Nobel de Literatura
A concesión do Nobel de literatura ao francés JMG Le Clézio (Nice, 1940) pillou ao mundo editorial galego (e castelán tamén) algo desprevido. Tan só unha obra traducida para galego; pero que xa estaba na nosa biblioteca: Mondo e outras historias (Col. Xabarín, Xerais, 1987) é das poucas obras do autor que poden levar a etiqueta de literatura infantil e xuvenil (LIX), e debemos recoñecer que na Galiza de mediados dos anos 80 non sobraban títulos de literatura mundial traducida nen títulos de LIX en xeral. Pero como se fose un desmentido á etiqueta redutora, outra parte da obra de Le Clézio tamén é moi recomendábel para un público novo.
Que a nova do Nobel sexa iso, un pretexto para achegarse á obra dun viaxeiro singular que escoita antes de falar, que observa e non xulga, que se nutre da oralidade dos pobos máis esquecidos polo triúnfo dos Tempos Modernos, desde as lendas dos Maias até os contos dos Tuaregs do deserto, sen exotismo, sen tópicos ilusorios nin xestos coloniais… Amig@ lector@, atoparás un eco das túas ansias viaxeiras e/ou libertadoras na lectura de Mondo…? E se non podes esperar, recomendamos a lectura en francés de Désert , Onitsha ou Ourania (todas en Gallimard).
Máis información en O levantador de minas.
Foto da entrada vía: O levantador de minas.
21/11/08
Novas recomendacións de cine
17/11/08
Enciclopedia de malos alumnos y rebeldes que llegaron a genios
Nos colexios foron declarados mediocres, ineptos, condenados ao fracaso: malos alumnos! Na familia e no traballo desesperáronse, exasperáronse co seu carácter rebelde. Adurmiñáronse xunto ao radiador ou multiplicaron os desvíos antes de atopar o seu camiño ou de abrir a porta correcta.
Co tempo, a historia os encumbrou á gloria, convertíndoos en xenios. Esas figuras impresionantes dominan a nosa cultura escolar como estatuas. Os dicionarios e os museos preséntanolos co rostro austero e os petos cheos de cualidades. Pero os petos teñen buratos.
Redescubramos aquí a eses grandes nomes doutro xeito. A través da súa insolente mocidade.”
15/11/08
A piques de publicarse a segunda parte de Millenium
14/11/08
Guinness world records 2009
Todos os anos o libro máis buscado polo alumnado (estaremos facendo algo mal?) é o Guinness dos records.
Pura literatura.
09/11/08
Cuarto Aniversario de ANB
Hoxe ANB, (que ben lle queda ese nome, non si? Acaso non é A Nosa Biblioteca, a Biblioteca Virtual de todos e todas nós?) o noso blogue de referencia, o noso PROFE, MESTRE, MAGO, AMIGO... e moitísimo máis cumple catro anos na blogosfera.
Chegado este día non podemos deixalo pasar sen agradecerlle a ANTONIO ALONSO, e non só nós, senón TODAS AS BIBLIOTECAS ESCOLARES GALEGAS, a esas máns que nos levan pola Web 2.0 e máis aló, por ternos sacado ao exterior, porque grazas á súa xenerosidade sen límites, á súa paciencia e ao seu bo facer, hoxe, 9 de novembro de 2008, OS BLOGUES DAS BIBES GALEGAS son xa un referente.
O Segrel do Penedo
04/11/08
A frase do mes
J. L. Borges
01/11/08
Jalou que?... Pásate ao Samaín
Introducimos a celebración desta festa popular para que se sigan mantendo e transmitindo as nosas festas tradicionais, cunha folla informativa para cada alumno e alumna. Logo colocáronse carteis en todo o centro, incitando á participación do alumnado. Así, o luns 27 e o martes 28 trouxeron as cabazas ao instituto e o mércores, xoves e venres, estiveron exportas. O venres 31, entregáronse uns agasallos ao alumnado participante.
Texto da folla informativa repartida a todo o alumnado:“Hai máis de 3000 anos, os pobos que vivían na costa atlántica europea, comezaron a celebrar unha festa ao inicio do inverno, que eles consideraban o principio do ano. Eles crían que esa noite desaparecía a fronteira entre os vivos e os mortos e que estes volvían para visitar aos vivos. Esta celebración chamábase SAMAÍN, que significaba na súa lingua “xuntanza” (de vivos e mortos).
Coa chegada do cristianismo tentouse modificar ou “santificar” a celebración, como os solsticios de verán (san Xoán) e inverno (Nadal) ou o propio SAMAÍN, que se converteu en Día de Todos os Santos (en inglés “all hallow´s even”, do que deriva hallowen)..."