24/05/22

Exposición na biblioteca: Un día na vida de...


         

Estes días podedes visitar na biblioteca a exposición dos traballos realizados polos grupos de 2º ESO na materia de Xeografía e historia. 

Esta actividade de transformismo histórico consiste en imaxinar como sería a nosa vida na Idade Media.

Os rapaces tiveron que poñerse na pel do campesiñado, da nobreza, dun monxe, dunha abadesa ou dun mercador. Unha vez elixido o grupo social ao que pertencen, o alumnado investigou como transcorrería un día calquera: onde viviron, como era a súa vivenda e de que partes constaba, cal era a base da alimentación naquela época, como era a vestimenta, o traballo, se é o caso, e as formas de ocio e diversión.

Porque a Historia medieval tamén pode ser divertida!

18/05/22

Domingo Villar, ata sempre

 

          Domingo Villar.

 Hoxe é un día triste para a novela negra e para Galicia. Unha mañá de néboa e grisalla como nas que se desenvolve o día a día do inspector Leo Caldas na ría de Vigo.

Hoxe enchéronse de auga os nosos ollos ante tan triste e prematura perda. De repente, como nas novelas, nun instante cambiou todo. Da vida á morte. 

En Negrísima fixémoslle o oco que sempre merecerá Domingo Villar.

Desde aquí queremos expresar a nosa dor. 

Non te esqueceremos.


11/05/22

Cartas desde Mazaricos: Intercambio CPI da Picota e IES Afonso X

 

Xa chegaron ao noso centro as cartas desde a trincheira que nos enviaron os alumnos e alumnas do CPI da Picota de Mazaricos.  Eles e elas tamén formaron parte deste proxecto interdisciplinarentre as materias de Lingua Castelá e Historia.

A profesora Iria Collantes fixo de correo intercambiando as cartaas e mesmo montou a exposición in situ como vemos nas imaxes. 

                 

Foi unha ledicia para os dous centros implicados recibir as cartas de soldados, enfermeiras e médicos desde as trincheiras.

Estas fotografías así o amosan. Unha maneira fermosa de compartir vivencias e sentimentos. 

Grazas por todo ao 4º ESO de A Picota e aos 4º ESO do Afonso X O Sabio!



09/05/22

Negrísima: Un cadáver na biblioteca

      

            https://images.ecestaticos.com/b0wa2q2eOWS4KbhxoHUCvYP3pgU=/0x0:2268x2637/746x867/filters:fill(white):format(jpg)/f.elconfidencial.com%2Foriginal%2Fc79%2F2ee%2F2d5%2Fc792ee2d53fb81a7d9570cb2d7449f45.jpg

Un día máis do club de lectura de nais, pais e docentes do IES Afonso X O Sabio. Nesta ocasión viaxamos á campiña inglesa da man de Miss Marple, unha anciá observadora que basea o seu método nas experiencias da súa vida. O comportamento humano sempre se repite, e isto é o que nos transmite a agradable protagonista.

A novela de Agatha Christie, Un cadáver na biblioteca, gustou a todas as persoas do club, sen excepcións. 

Un día, ás sete de mañá, o matrimonio Bantry esperta cunha desagradable sorpresa'na súa biblioteca: o cadáver dunha moza cun vestido de noite, como saída dunha festa. Miss Marple é amiga da señora Bantry e esta a chama para resolver tan estrano caso.

Esta obra reúne todos os trazos do estilo desta autora, a máis lida tras a Biblia e Shakespeare. Todos os seus personaxes sempre teñen un móbil para cometer o crime, deste xeito, a autora, reta ao lector dándolle toda a información necesaria para que este poida resolvelo. 

Nas súas obras está presente a alta sociedade inglesa, as mansións e os seus coidados xardíns.  O humor tamén está moi presente. 

Obra fácil de ler e que nos achegou o mundo de Agatha Christie. Recomendada, sen dúbida!