04/03/20

Exposición "As mulleres tamén emigran"


Co gallo do día Internacional da Muller temos no centro a exposición “As mulleres tamén emigran” da Fundación 10 de Marzo. 

En 16 paneis amósanse  testemuñas de mulleres nas que relatan a súa experiencia na viaxe a América, as dificultades de iniciar unha nova vida, os desexos permanente de regresar, as viaxe legais ou ilegais das galegas á Europa industrializada ou as novas migracións dende o norte de África á Península Ibérica.




02/03/20

Día de Rosalía

Para conmemorar o día de Rosalía fixemos subir os versos polas escaleiras para que todo o mundo se sentise próximo á poesía rosaliana.




Escollemos dous poemas, A xustiza pola man e Xan. Tamén os puidemos escoitar músicados:

A xustiza pola man, Nao:



E Xan

Uxía Senlle:


Quempallou: