30/11/21

Novela negra desde Islandia

 


Esta tarde tivo lugar a primeira sesión de "Negrísima" dedicada á novela negra nórdica. "La mujer de verde" de Arnaldur Indridasson foi o libro co que iniciamos o itinerario lector deste curso. 

Nais, pais e docentes do IES Afonso X O Sabio reunímonos na biblioteca do centro para analizar e desmenuzar a trama desta novela que se desenvolve polas rúas da Reiquiavic. A partir do descubrimento duns ósos no barrio do Milenario, o pasado e o presente entremézclanse no caso que debe resolver o detective Erlendur Sveinson xunto aos seus axudantes Elinborg e Sigurdur Oli.

Os membros do clube resaltaron a paisaxe xélida e hostil  sempre presente na obra así como o fenómeno das ventiscas... Sabedes que gran parte da poboación de Islandia ata hai uns anos tiña algún coñecido ou familiar que desapareceu nunha vestisca de neve?

A través do seguinte vídeo podemos imaxinarnos os diferentes escenarios onde transcorre a acción na que o maltrato, a violencia e os "asasinatos de almas" están moi presentes. Grazas ao poeta galego afincado en Islandia Elías Portela alias Elias Knorr, foron posibles estas imaxes:


E de Islandia á ría de Vigo. O seguinte título de "Negrísima" será "Ollos de auga" do autor galego Domingo Villar. 

Vémonos  o último martes de xaneiro a partir das 18.15 h na biblioteca do IES Afonso X O Sabio. 

Grazas pola vosa participación!

08/11/21

I concurso de fotografía Imaxes pola igualdade

 I CONCURSO  de  FOTOGRAFÍA

IMAXES POLA IGUALDADE

          Este ano para loitar contra a violencia machista e promover a igualdade organizamos desde a             Bilioteca un concurso de fotografía dirixido a todo o alumnado (Secundaria, FPB, Bacharelato e             ciclos).


          Para participar, teredes que facer unha fotografía que:

  • denuncie dalgún xeito a violencia contra as mulleres. 
  • mostre que existe igualdade entre xéneros.
         Animádevos a participar. Tedes ata o 25 de novembro para enviar as vosas fotografías ao correo        biblioteca@iesafonsoxcambre.com

         As fotografías serán expostas na biblioteca e un xurado composto por menros da biblioteca                decidirá os gañadores.