27/02/23

Gañadores concurso muller na ciencia

 GAÑADORES DO CONCURSO MULLERRES NA CIENCIA

        Hoxe pasaron pola biblioteca Mateo Negreira (1º ESO) e Carlos Morente (3ºESO), os nosos gañadores do concurso mulleres na ciencia, para recoller o seu premio. Esperamos que desfruten da lectura do libro de Anair Rodríguez Pioneiras e que aprendan moito desas mulleres que abriron camiño e foron silenciadas durante moitos anos. 

23/02/23

23 febreiro: día de Rosalía de Castro

 DÍA DE ROSALÍA


        Hoxe en colaboración co departamento de Galego e Dinamización lingüística leváronse a cabo diferentes actividades para conmemorar a figura de Rosalía de Castro.
        Comezamos o día repartindo poemas e toxos:

         Nos recreos, acercáronse moitos alumnos para participar no concurso de colaxes:

        Estes son algúns dos colaxes que se fixeron no día de hoxe na biblioteca e que estarán expostos para o voso deleite:

        Ademais, animamos a todo o mundo a que pase pola exposición de obras e traballos do alumnado de Secundaria que está no vestíbulo:




17/02/23

Entroido

 CHEGOU O GRAN DÍA. VIVA O ENTROIDO

        Hoxe 17 de febreiro paralizouse o ritmo normal do centro para desfrutar do Entroido en todas as súas vertentes. Non só aprendemos que é o entroido, senón que tamén afondamos na tradición dos peliquieros, ademais de bailar e comer sobremesas típicas destas datas. Que ben o pasamos!







14/02/23

14 febreiro: Namórate da biblio

 

         Nun día como hoxe no que se conmemora o amor, pásate pola biblioteca para celebrar o amor aos libros e leva algunha das nosas recomendacións:

     Se non tes claro o que queres ler, lévate un destes libros e atrévete a ter unha cita a cegas:













13/02/23

13 febreiro: día da radio

 RADIO E FAMILIA, BOA COMPAÑÍA     

        A radio é o medio de comunicación máis activo, participativo e diverso que existe, independentemente dos avances e novos sistemas de comunicación que apareceron no anterior século. Na actualidade, o podcast está no seu máximo esplendor xa que podemos atopalos de diversa temática e podemos afirmar que hai un poscast para cada persoa.    

                Por iso, aproveitamos que hoxe é o día mundial da radio para anunciar que, desde a biblioteca, comezaremos coa elaboración de poscast nos que aparezcan todos os membros da unidade familiar e que abranguen temas de toda índole. Se estades interasados, pasade pola biblioteca a pedir máis información.

Celebra o entroido con nós

 O ENTROIDO POR TODO O ALTO

        Despois duns cursos complicados pola situación sanitaria e as súas restricións, podemos anunciar que este ano celebraremos o Entroido ao grande. Está de volta o concurso de comparsas que tanto botábades en falta. Ademais, haberá todo o necesario para pasalo ben: disfraces, música, gastronomía... Hai ganas de troula 😉


10/02/23

Celebración 11febreiro: día da muller e nena na ciencia

 CELEBRAMOS XUNTOS 

O DÍA DA MULLER E NENA NA CIENCIA

        No día de hoxe tivo lugar o concurso no que tiñades que demostrar os vosos coñecementos sobre as diferentes científicas que foron fundamentais para o avance da sociedade. A participación foi maior da esperada e, por iso, temos que salientar a implicación do alumando neste tipo de actividades que promovemos desde a biblioteca.

















        Ademais, fixemos unha selección de libros de divulgación científica para que podades afondar na materia dun xeito ameno nas vosas casas;




Mandatos do Meco

 FAILLE CASO AO MECO

        Un ano máis o Meco Don Afonso aposentouse no noso vestíbulo para darnos instrucións claras sobre o que temos que facer nos días previos ao festival de Entroido. Para que vaiades preparando todo, aquí tedes os seus mandatos para este ano. Tomade nota:





06/02/23

Concurso de Rosalía de Castro

 CONCURSO  de COLLAGES 

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

         Este ano imos celebrar o día de Rosalía de Castro por todo o alto. O 23 de febreiro faremos un concurso de collage que se centrará na figura desta marabillosa escritora. Para poder participar, tedes que pasar pola biblioteca a anotarvos. Esperamos a vosa visita.