25/06/10
Lecturas burbullantes para o verán
23/06/10
Adaptación musical
21/06/10
A música da biblioteca: despedida
Que música elixir para un momento tan especial? Pois a mín se me ocurren moitas. Hai tantas músicas na biblioteca das que non falei e tantas músicas que podería escoller que estou pensando en, se o mundo se fose a acabar en dez minutos, que obra de arte salvaría?.
No meu caso, hai tres pezas na biblioteca que eu escollería. Non importa a orde, e supoño que a escolla podería ter sido outra mais. Se non están todas as que son, si son todas as que están.
Por un lado eu escollería a Novena... a Novena de Beethoven (necesita do seu "apelido"?) Por desgracia non temos a mellor grabación, a de Furtwängler en Bayreuth en 1951 (a duración de esta grabación foi a que determinaría a duración dos soportes de CD nos anos oitenta, está enteira no youtube) o icono da mesma. Pero si hai unha mostra de esta peza a cal hai ben pouco tempo adicóuselle unha película enteira á súa construcción (Copying Beethoven, pódese ver enteira en youtube). Esta obra é destas cousas que, canto máis te adentras nelas, máis pracer obtés delas.
Cando Beethoven "construíu" esta obra pensaba facer dúas sinfonías, unha por un encargo que viña desde Londres e outra na que metería un coro. Era a súa obsesión, poder meter un coro con orquestra, algo inaudito. Algo que xa pensara cando compuxera a Sinfonía nº 3, a "Heroica", a que en realidade estaba dedicada a Napoleón, pero que cando este coroouse emperador, Beethoven, furiosamente tachou o verdadeiro nome da terceira sinfonía "Buonaparte" para ponerlle o de "Heroica"... pero isto non ven ao caso. O que ven ao caso é que Beethoven era un idealista, creía nunha humanidade en paz onde todo ser humano podería ser igual e onde todo podería entrar. Namorouse dun mediocre poema de Schiller, cargado de significado para Beethoven, e construíu para este poema un coro no cuarto movemento. Agora esta sección do cuarto movimento é o Himno da UE. Beethoven estaría encantado (supoño eu) de que sexa un himno que predica a unión dos países e a colaboración entre "irmáns".
Na biblioteca hai varias versións desta peza, unha pola Zagreb Philarmonic, outra pola Orquesta philarmonia e outra pola Pregue Festival Choir and Orchestra. Pero é irrelevante. O que é relevante é que se escoite, que collamos e cedamos un espazo da nosa vida para a Novena.
Por outro lado escollería o Requiem de Mozart. Esta obra si precisa do seu "creador" detrás do nome porque tamén hai, na historia da música outros requiems fantásticos e moi coñecidos (como o de Ligeti ou o de Verdi). Tamén o atoparedes na Biblioteca... e en moitas ocasións poderedes escoitar esta obra en concerto. Non o dubidedes nunca porque é unha experiencia máxica.
A última obra que eu (eu, eu, eu) escollería sería a Sinfonía Fantástica de Berlioz. Na biblioteca hai unha "fantástica" versión de Kubelik. Nesta peza fálase por primeira vez da "Idee fixe", da idea fixa que obsesiona a un autor, para que nos entendamos... unha melodía coa cal identificamos (e que logo daría lugar ao leitmotiv) sen querer a alguén... neste caso á vida dun namorado. Porque esta sinfonía ten unha historia, a historia dun home que acaba morrendo na guillotina e da súa volta á vida cunha misa de defuntos... Esta obra ten unha claridade tímbrica incríble, está chea de citas, está chea de romanticismo, xa que Berlioz estábase a declarar a súa amada na vida real. Esta obra é a miña terceira recomendación. Pero non só miña, a web está plagada de versións e de explicacións desta obra, para quen queira, sobre todo este gran blog astur.
E nada mais, creo, simplemente dicir que espero encontrarvos en moitos concertos... e darvos as grazas por un ano fantástico.
18/06/10
José Saramago: "A maior flor do mundo"
Visto en Son Sabela.
O blog de Saramago e a Fundación Saramago.
17/06/10
Salvade as Bibliotecas Escolares!!!
Non sei se son bos tempos para as bibliotecas escolares, pero parece que polo menos incertos. O vídeo pretende dramatizar unha situación posible se os recortes orzamentarios chegasen a colapsar os servizos. Un vídeo coidado e curioso, onde vemos as funcións da biblioteca escolar en todas as súas dimensións, desde o estudo asistido ao simple entretemento ou ao uso da biblioteca escolar como lugar de refuxio para o que a usa certo alumnado. Unha panoplia de funcións que dificilmente figuran ás veces nas funcións tópicas e típicas dunha biblioteca escolar e que constitúen parte da súa grandeza.
Tradución do vídeo:
Bibliotecas sanguentas
“As bibliotecas son fundamentais para o logro do estudante. A colección apoia o currículo e proporciona unha rica variedade de recursos de lectura a todos os estudantes e profesores.
“Regras da Biblioteca. Faga algo produtivo. Permita que outras persoas sexan produtivas. Sexa respectuoso coas demais persoas e os seus bens”.
Os distritos escolares en todo Estados Unidos están pechando coleccións. O valor dos activos da colección dun distrito escolar extenso pode superar os 300 millóns de dólares. Unha biblioteca pechada sen un bibliotecario será desposuída dos seus recursos e acabará desaparecendo. A clausura de bibliotecas escolares será unha catástrofe educativa e un desastre financiero”.
Texto e vídeo procedente do Blog de Miguel Calvillo. Grazas
ARCE: Memoria do traballo do primeiro ano
Tras un curso de traballo só podemos cualificar a experiencia do Programa Arce de enormemente positiva. Recibimos no centro a docentes de Madrid e de Sevilla. Un grupo de alumnos e alumnas de 3º foi a Vallecas e dous docentes a Sevilla. Pero aínda queda moito por facer...
15/06/10
A Fraga da Poesía
Colgadas do teito no corredor exterior da biblioteca estiveron ao longo do curso una serie de poesías. Os versos estaban escritos en grandes papeis con un fondo fotográfico e trataban de semellar follas dos árbores da nosa particular fraga, a Fraga da Poesía. Cada certo tempo eran sustituídas por outra quenda, como si se tratase de sucesivos outonos e primaveras.
A temática foi moi variada, pois atendía simplemente o gusto dos que as selecionaban. O mesmo pasaba cos autores, aínda que predominaban os do século XX tanto galegos como casteláns. Deste xeito toda a comunidade poido ver e ler máis de dúas ducias de fragmentos de Novoneyra, Machado, García Montero, Lorca, Celso Emilio, Rosalía... con tan só pasear polos arredores do noso Bosque Animado ou polo centro posto que colocáronse varias copias polos corredores.
14/06/10
Hoy empieza todo
País: Francia. 1999.
Duración: 95 min.
Director: Bertrand Tavernier.
Intérpretes: : Philippe Torreton (Daniel Lefebvre), María Pittaresi (Vcaleria), Nadia Kaci (Samia), Veronique
Segundo a miña opinión, a película pódese dividir en dous partes:
Primeira parte: unha familia, formada pola nai, o pai e dous fillos pequenos que está en grandes apuros económicos e ten que liquidar as grandes trabas que lle presenta a administración para conseguir axudas e poder subsistir. O final é moi tráxico.
Segunda parte: un director de escola infantil que procura que os nenos non sexan as vítimas dos problemas que teñen os seus pais nin a sociedade en xeral. Intenta axudar social, económica e moralmente á comunidade, loitando contra as regras tan duras impostas por wl estado e procurando que os seus problemas persoais e familiares non inflúan nas súas decisións profesionais.
É un apelículña que debe verse porque nos mostra o que imos ter que loitar e pelar cando empecemos a traballar e sobre todo se queremos exercer como mestres infantís.
07/06/10
Robert Crumb, "Génesis" e "Kafka"
Que Robert Crumb debuxe o "Xénese" da Biblia, incluíndo os textos orixinais da versión de B.A.C. na edición en castelán, e algo así como escoitar aos Rolling Stones cantando villancicos, entrar nun bar onde non estea o televisor permanentemente encendido ou atopar una película francesa nunha sala de cine comercial un sábado pola tarde. Un triángulo de catro lados. O que non pode ser, e ademais é imposible, que dicía o outro.
Crumb pasa por ser o máis importante autor de cómics do fai anos chamado "cómic underground" dos sesenta e setenta (na nosa versión carpetovetónica do mesmo tivemos nos setenta a xente hoxe tan recoñecida como Mariscal, Ceesepe ou Max). Hoxe en día xa non vive nos EE UU, senón en Francia, coa súa segunda señora e a súa tamén comiqueira filla, pasando por ser o número un do que agora se prefire chamar "cómic alternativo" (outros escriben "indie"). Sexa como sexa, Crumb revolucionou o mundo do cómic mundial, e incluso persoas que non soen ler cómics coñecen a súa obra, ou dicen coñecela (críticos de arte -arrgh!- tamén). Para moitos, o autor de cómics máis importante de todoslos tempos... (Non nos poñamos tráxicos: ¿quen pode dicir tal cousa de calquera actividade humana, sexa ciencia, fútbol ou reparto de bombonas de butano?).
Desde fai alguns meses temos na nosa biblioteca dúas obras de Crumb: "Génesis" e "Kafka". Se ata agora Crumb non estaba na nosa sección de cómics non era por descuido, senón porque é sabido que outras obras deste autor sáense demasiado da "corrección política". Non estaría ben visto nunha biblioteca escolar...
Ademais desta asombrosa versión do "Xénese", contamos coa obra titulada "Kafka", que como a anterior é publicada en castelán por La Cúpula, aínda que estaba anteriormente editada en Arxentina, mais en peores condicións (e pouco accesible). Este album sobre a vida e obras de Kafka está escrita por David Zane Mairowitz, e debuxada por Crumb, e é anterior a "Génesis". Inclúe ilustracións e breves cómics, e axuda ao lector a meterse nas profundidades da obra kafkiana, aínda que. iso aparte, ten valor por si mesmo como album.
Agora ben: supónse que esta entrada deste blog está destinada ao alumnado da ESO e bacharelato deste IES. E un volve, unha vez máis , a preguntar(se): ¿realmente persoas da ESO ou bacharelato len esta entrada...? Se é así, ¡toc-toc!, por favor, sería interesante sabelo... ¿Aló...?
04/06/10
Memoria do PLAMBE
03/06/10
O que estou lendo paréceme (XIV): La resistencia
Es un libro de aventuras y con mucha intriga, una vez que lo empiezas a leer no puedes para. Cuenta la historia de Jack, Victoria y Kirtash, tres adolescentes muy distintos pero con un origen en común que no descubren hasta ek final del libro.
Este libro enseña como las personas más malas pueden cambiar. A lo largo de la historia se revelan los misterios que se ocultaban en los tres primeros capítulos. Es una mezcla de sentimientos y aventura ya que hay un poco de las dos cosas. Muestra los momentos, buenos y malos, duros que pueden pasar los adolescentes y las emociones que experimenta cada uno de los personajes.
Esta historia enseña cómo, con esfuerzo, se puede vencer la más difícil de las batallas y que no hay que rendirse a la más mínima derrota.
Memorias de Idhún me ha gustado mucho y animo a todos los lectores aventureros a leer esta historia que por muy larga que parezca se acaba muy rápido.
Mª Alejandra Rodríguez Ramírez, 1º ESO
01/06/10
A Frase do Mes: Rosa Montero
Publicado en El País Semanal, 2-V-2010