25/11/19
25 de Novembro: contra a violencia de xénero
12/11/19
Lugares para soñar
Ata o día 15 de novembro podedes visitar na biblioteca do
noso centro a exposición “Lugares para
soñar”.
Está composta polos traballos sobre as formas de relevo, o
clima e a vexetación, aspectos estudados na materia de Xeografía de 1º e 2º
ESO.
Escarpados cantís onde bate o mar, cumios xeados das grandes cordilleiras do
planeta, extensións de fina area dourada, densas selvas das que xorden
xigantescas pirámides feitas polo home, illas paradisíacas, xeos en paraxes
silenciosos... Son, todas elas, fermosas
paisaxes que xa formarán parte dos vosos soños.
10/11/19
Novo club de lectura sobre obras de Primo Levi:
Ola. O Departamento de filosofía, como outros anos atrás, abre este curso de 2019-20 o seu novo club de lectura composto por cinco persoas (dúas alumnas
e tres alumnos, todos de distintos grupos de primeiro de bacharelato).
Leremos as dúas primeiras obras da famoso Triloxía de Auschwitz, de Primo Levi.
O xoves pasado tivemos xa a nosa primeira reunión para falar dos capítulos 1-5 de Se isto é un home/Si esto es un hombre.
Queremos aproveitar para dar a coñecer o noso blog por se alguén desexa unirse algunha vez á nosa lectura vía internet. Moitas gracias:
https://siestoesunhombrelatreguadefilax.blogspot.com/
e tres alumnos, todos de distintos grupos de primeiro de bacharelato).
Leremos as dúas primeiras obras da famoso Triloxía de Auschwitz, de Primo Levi.
O xoves pasado tivemos xa a nosa primeira reunión para falar dos capítulos 1-5 de Se isto é un home/Si esto es un hombre.
Queremos aproveitar para dar a coñecer o noso blog por se alguén desexa unirse algunha vez á nosa lectura vía internet. Moitas gracias:
https://siestoesunhombrelatreguadefilax.blogspot.com/
08/11/19
Samaín 2019
Hoxe o medo
chegou á biblioteca para rematar a celebración do Samaín coa entrega de premios
dos dous concursos propostos na ESO.
Antes de
desvelar as premiadas Xabier Docampo prestounos o seu EU TEÑO MEDO... para
poñernos en situación. Despois fixemos entrega dos premios á PORTA MÁIS
TERRORÍFICA, a clase afortunada foi 2ºA, parabéns!!!!! Esta elección vén dada
polo medo que daba a porta, pola incorporación de elementos tradicionais como o
urco e da fantástica posta en escena acorde coa porta.
Como os traballos eran
terrorificamente magníficos decidimos, por unanimidade, conceder un accésit a
2º B.
A
continuación desvelouse o primeiro premio do concurso de RELATOS DE MEDO de 3º
e 4º da ESO. A afortunada foi Lena Fachal Alonso de 4ºA. Parabéns!!!
Grazas pola
vosa participación, polo entusiasmo e polo esforzo. Vémonos no próximo
Samaín!!!!
06/11/19
Exposición: "50 anos do gran paso"
A Biblioteca en colaboración co Departamento de Xeografía e Historia organiza, durante o
mes de novembro, a exposición “50 anos do gran paso” para conmemorar a chegada
da humanidade á Lúa.
A Exposición iníciase cun gran “photocall” seguida dunha
mostra de maquetas alusivas ao evento realizadas polo alumnado de 1º da ESO na
materia de Lingua e Literatura Galega. Posteriormente pódense contemplar dez
grandes paneis nos que se recolle información, tal como: os proxectos
americanos Geminis, Apolo; a nova da chegada á Lúa na prensa mundial; as
principais persoas protagonistas; a carreira espacial da URSS; a muller (e o
machismo) na carreira espacial ou mesmo os filmes nos que o espazo é
protagonista.
As visitas guiadas do alumnado van acompañadas dunha ficha
de actividades.
20/06/19
Teleantiga de 1º ESO A
A través do tempo: Teleantiga de 1º ESO A
O alumnado de 1º ESO A presenta A través do tempo.
A morte do xove faraón Tutankamon, as crecidas do Nilo en Exipto, o primeiro código escrito de leis da historia, a batalla das Termópilas ou a erupción do Vesubio, son algunhas das novas da Antigüidade que estes reporteiros de 1º ESO A nos presentan neste Teleantiga.
Desde a materia de Xeografía e Historia vos invitamos a ver este telexornal coas novas da Antigüidade:
06/06/19
A reconstrución da historia: de Grecia a Roma
Nesta
3ª avaliación os alumnos de 1º da ESO quixemos FACER Historia!.
Nada
de aburridas explicacións sobre a antigüidade clásica, decidimos TRABALLAR por
proxectos.
Sendo
o noso obxectivo estudar os contidos relativos á historia de Grecia e Roma,
puxémonos a ler sobre as cuestións que máis nos interesaban do mundo clásico.
Unha vez escollidos os temas comezamos a ELABORAR o noso traballo (ben de forma
individual ou por parellas).
Un
proxecto libre e creativo que consistiu, por un lado, en elixir calquera
acontecemento da historia antiga (político, económico ou social) ou produción
material (artística e/ou funcional) e RECONSTRUÍR eses fragmentos para darlle
vida á Historia que esconden, como se fósemos verdadeiros/as historiadores ou
arqueólogos. Así naceron as nosas maquetas e dioramas, cascos gregos e romanos,
vasos cerámicos, xogos de mesa, noticiarios, reportaxes históricas e, incluso,
improvisacións rapeiras.
Por
outro lado, tivemos que documentar -en audio e vídeo- todo o proceso de
elaboración dos nosos proxectos e explicar o como e o porqué do que estabamos a
facer na aula e o significado e/ou funcións deses obxectos do pasado. E o
mellor e que puidemos sacar o móbiles, gravar cos nosos ordenadores e APRENDER
novos recursos!.
Por
último, completamos as actividades facendo unha exposición na aula para
EXPLICAR, aos nosos “expertos” compañeiros, os resultados máis salientables no
nosos traballo. Finalmente, puidemos expor tamén algúns deles na biblioteca do
centro.
Esperamos
que vos gusten!
Asinado: S.P.Q.R.
“Gustoume a idea de facer os traballos,
porque é unha maneira de aprender e atender ao contido
máis entretida”
(Isabel Fernández,
1º ESO E)
“Eu creo que é mellor facer traballos porque nos gusta
máis, e creo que si algo nos gusta o aprendemos mellor. Tamén me pareceu moi
interesante, e ademais ao expoñelo aprendemos máis dos demais traballos”
(Yaiza Carballeira,
1º ESO C)
“Facer o proxecto
é mellor porque é máis divertido e... saca o lado creativo de cada persoa”
(Valeria
Santiago, 1º ESO D)
01/06/19
Camiño dos Faros: proxecto final
Este curso quixemos coñecer máis da nosa terra e
trouxemos o mar a Cambre, ao instituto. O motivo foi aproveitar a Costa da
Morte e o marabilloso Camiño dos Faros para conseguir varios obxectivos.
O primeiro e fundamental coñecer Galicia e o que
temos máis preto. Como pretexto tomamos o Camiño dos Faros pois axeitábase moi
ben ao alumnado posto que son oito etapas e cadraban moi ben oito grupos de
tres persoas por aula.
A actividade consta de dúas partes: construír unha
maqueta do faro da etapa correspondente e elaborar unha guía desa etapa. Nesta
guía debían tratarse cinco puntos principalmente e maiores engadir o que
considerasen; situación do punto de inicio e do punto da fin, lugares polos que
transita a etapa, paisaxe, flora e fauna e que podemos ver ao longo da etapa. A
isto engadímoslle posibilidades: lendas, curiosidades, literatura,
gastronomía...
Outro dos obxectivos era valorar a terra que nos
rodea e coñecer lugares fantásticos a menos dunha hora de camiño. Asemade
coñecer os motivos que levan á denominación de Costa da Morte.
Como remate da proposta temos programada unha
saída para facer un anaco do Camiño desde o Cemiterio dos Ingleses até cabo
Vilán, tramo incluído na quinta etapa Arou-Camariñas.
18/05/19
Andrea Maceiras no seu IES
Volveu visitarnos Andrea Maceiras. Sempre é un pracer recibila na súa casa.
Nada na Coruña en 1987, é unha
escritora e profesora de lingua e literatura galega. Estuda a Eso e o Bacharelato no IES Afonso X O
Sabio de Cambre. Licenciada en Filoloxía
hispánica e en Filoloxía galega, doutorada
na Universidade da Coruña. É profesora de Lingua
Galega e Literatura en educación secundaria. En 2018 gañou o Premio Lazarillo á creación
literaria coa obra titulada Rusgalía, segundo o
xurado: "unha obra ben xurdida e entramada
cunha linguaxe poética con belísimas escenas que
te transportan a un mundo galáctico. Unha aposta
á imaxinación desbordante e á ciencia ficción”.
Ademais de compartir unha horas co alumnado seleccionamos do noso fondo as súas publicacións e fixemos unha pequena guía de lectura.
Labels:
Encontros con autores-as,
Guías de Lectura
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)