O NADAL INVADÍU A BIBLIOTECA
-Tangrams de figuras de Nadal
- Concurso de árbores con libros
Ademais, recibimos a visita do apalpador grazas ao departamento de galego e ao equipo dinamización lingüística:
-Tangrams de figuras de Nadal
- Concurso de árbores con libros
Ademais, recibimos a visita do apalpador grazas ao departamento de galego e ao equipo dinamización lingüística:
O espíritu do Nadal invadiu a todo o equipo de biblioteca e puxémonos a argallar todo tipo de obradoiros e concursos para celebrar por todo o alto o último día de clase do 2022. Animádevos a participar!
Ademais, podedes pasar polo vestíbulo paar poñervos na pel do apalpador grazas ao equipo de dinamización lingüística e ao departamento de lingua galega:
Hoxe pasaron pola biblioteca, os alumnos que máis retos científicos conseguiron superar. Este ano a competición estivo moi axutada e tivemos un emapte dobre nas dúas categorías. Na primiera cateoría, gañaron Candela Blanco e Noela Vázquez mentres que na segunda gañaron Tomás Casal e Iker Abelairas. Parabéns!
Con motivo do día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, desde a biblioteca fixemos unha escolma de lecturas que abordan esta temática para que podades darvos de conta que a violencia sobre as mulleres é algo que acontece máis do que pensamos:
Para poder loitar contra a desigualdade de xéneros, convocamos desde a biblioteca a segunda edición de Imaxes pola igualdade. Neste concurso de fotografía tedes que crear as vosas propias fotografías nas que:
Este 13 de novembro de 2022 cúmplense 20 anos dunha das maiores catástrofes medioambientais na costa galega. No 2002, o petroleiro Prestige con 77.000 toneladas de fuel atopábase á deriva fronte as costas de Muxía tras diversas maniobras para alonxalo da costa galega. O 19 pártese pola mitade, afundindo primeiro a popa e despois a proa. Nese momento, comeza a verter todo o combustible ao mar. Isto traduciuse nunha marea negra que encheu as costas galegas de chapapote.
Os galegos saíron ás rúas a protestar
baixo o lema Nunca máis para que non se volvera a repetir esta situación e para
pedir responsabilidades políticas e ecolóxicas.
Na biblioteca montamos unha exposición na que se ofrecen multitude de fondos bibliográficos para comprender o que ocorreu fai vinte anos e podamos aprender dos erros do pasado e non volver a cometerlos:
Animámos
a toda a comunidade educativa e ás familias a levar para casa calquera das
nosas recomendacións sobre este tema para poder informarse detalladamente. como, por exemplo:
Durante todo este mes, nos segundos recreos na biblioteca haberá todo tipo de xogos científicos. O alumnado que máis retos consiga resolver terá premio. Animádevos a participar!
Non hai mellor forma de celebrar o día das bibliotecas que ensinando ao novo alumnado a forma de localizar todos aqueles libros que querar ler. Para iso, o equipo de biblioteca preparou unha ximcana na que tiveron que aplicar todas explicacións previas:
PREPARADOS, LISTOS... A LER!
Xa está de volta a hora de ler incluída no Plan Lector do noso instituto. Con ela, retomamos costumes que nos fan desfrutar da lectura todas as semanas. Iniciamos as nosas lecturas a semana próxima. Podedes consultar o calendario no que aparecen sinaladas as horas nas que se levará a cabo a hora de ler en cada mes do curso 2022/2023:
https://drive.google.com/drive/my-drive
Ademais, por se algún de vós esquece o libro ou quere asesoramento, cada grupo disporá dunha caixa con suxestións lectoras de toda índole que foron escollidas con moito mimo polos membros da biblioteca e que se renovarán cada trimestre.
VOLVEN OS CLUBES DE LECTURA
Queres falar de libros en boa compañía?
Entre a variedade de clubes que propoñemos este curso desde a Biblioteca, seguro que atopas algún do que queras formar parte:
Animádevos e apuntádevos na biblioteca do centro durante
calquera dos recreos. Estamos desexando contar con vós nestas actividades.
Tamén podedes mandar un correo da biblioteca indicando nome, apelidos, curso e clube no que estás interesado en participar.
COMEZAMOS UN NOVO
CURSO
MOI ILUSIONAD@S
Neste inicio do curso 2022/2023, a biblioteca está un pouco desorganizada, tal e como podedes ver nas fotografías:
Non obstante, todo este caos é por unha boa causa. Estamos poñendo a punto a nosa biblioteca para convertila nun lugar onde vos atopedes a gusto e desfrutedes con nós dos libros. Por iso, puxémonos a pintar e redistribuír o espazo do que dispoñemos.
Estamos desexando que pasedes pola biblioteca e nos contedes que vos parecen os cambios que realizamos con tanto cariño: