PRIMEIRA LECTURA DO CLUB DE LITERATURA E CINE
DE 1º e 2º ESO
Os alumnos interesados de 1º e 2º ESO tedes que cubrir o seguinte cuestionario:
Vémonos o luns 11 de xanerio ás 12:10.
Os alumnos interesados de 1º e 2º ESO tedes que cubrir o seguinte cuestionario:
Vémonos o luns 11 de xanerio ás 12:10.
A nosa intención é comezar co clube de literatura e cina á volta do Nadal. Por iso, necesitamos da vosa colaboración. A vosa opinión é fundamental para comezar esta andaina na literatura comparada. Todos os que esteades interesados en formar parte do clube tedes que cubrir o seguinte cuestionario.
Agradecemos de antemán o voso interese e as vosas ganas de formar parte do clube. Estamos emocionados pola acollida.
Tras meditalo moito e, sobre todo, tendo en conta o clamor popular, crearemos outro club de manga. Nesta ocasión, estará dirixido ao alumnado de 1º e 2º ESO.
Ademais, necesitamos da nova colaboración. Todos os que esteades interesados tedes que cubrir o seguinte cuestionario. A vosa opinión será fundamental para poder iniciar esta apasionante andaina.
Os alumnos interesados de 3º e 4º ESO tedes que cubrir o seguinte cuestionario:
https://forms.gle/3RhAqUmMqmpiLFzc6
Este ano no que é tan necesario algo de normalidade comeza a andaina de varios clubes de lectura de diferente temática:
Seguro que entre tanta variedade hai algún que vos interesa. Animádevos e apuntaros mandando un correo a biblioteca@iesafonsoxcambre.com ou falando co profesor que leva o clube no que queredes estar.
O pasado catro de novembro o noso alumnado sumouse a reivindicación iniciada en redes sociais para romper todos os estereotipos existentes sobre os roles de xénero, en particular no relacionado coa vestimenta.
A continuación, deixámosvos as palabras da alumna Violeta Meléndrez Doval que explican e reflexionan sobre esta cuestión:
Sucedeu o día catro de novembro deste 2020, xornada na que alumnado de toda España vestiu con saia, independentemente do seu sexo, para reivindicar a loita contra os roles de xénero.
No entanto, todo comezou moito antes. A idea xurdiu tras unha desagradábel experiencia protagonizada por un rapaz de Bilbao, Mikel. Quen lle ía dicir que vestir unha saia o vinte e sete de outubro desencadearía tantos acontecementos? Aquel fatídico día, ao chegar ao instituto, recibiu comentarios de todo tipo e burlas por parte do resto de estudantes. Porén, o peor non comezou ata algunhas horas máis tarde, cando un mestre expresou o seu desacordo e o enviou ao psicólogo do centro. Unha vez alí, a pregunta máis repetida facía alusión ao seu sexo, pois, segundo parecía, resultaba tan estraño e antinatural ver a un rapaz con saia coma descubrir que as pantasmas existen. Mikel cansou de repetir os sinxelos motivos que o levaran a poñer saia aquela mañá: apetecíalle e pensaba que era un bo xeito de rachar cos estereotipos. O profesor, o psicólogo e gran parte da sociedade rexeitaron as súas explicacións, que consideraron pouco cribles e carentes de sentido.
Mikel atopou o apoio que precisaba nas redes sociais, comezando por Tik Tok. Foi alí onde contou a súa historia e onde esta comezouse a facer viral. Non pasou moito tempo antes de que a noticia se estendera a Twiter. Alí, un segundo rapaz, Miguel, deu un novo paso contra os roles de xénero. «Se pide que mañana día 4 de noviembre, sin importar tu género, lleves falda al instituto» escribiu na súa conta. A resposta foi inmediata e centos de estudantes e parte do profesorado decidiron seguir os pasos de Mikel para defender a liberdade e a igualdade.
Sabemos que a historia de Mikel non é unha excepción no noso día a día. Son moitas as persoas que sofren ataques inxustificados por cuestións coma esta, e as causas veñen de moi atrás. A historia da nosa especie foi marcada, dende o comezo da existencia humana ata a actualidade, polas desigualdades, entre elas as de xénero. É incríble que aínda hoxe continúen vixentes cuestións coma os estereotipos, o patriarcado e o sexismo. Temos luz artificial coa que alumear a noite, tecnoloxía coa que descubrir os misterios do Universo e ambición coa que procurar os nosos obxectivos. Mais continuamos na escuridade, sen ser capaces de comprender que a liberdade non consiste só en chegarmos ás estrelas, senón en vivir en comunidade, respectándonos entre nós. Deberiamos empregar esa ambición que nos caracteriza como especie para mellorarmos e para procurarmos solucións coas que resolver estes problemas que levamos arrastrando durante tantos séculos.
Comezamos un novo curso que será moi diferente aos que vivimos ata o de agora. As circunstancias sanitarias e os novos protocolos que temos que aplicar impiden que as portas físicas da nosa biblioteca estean abertas.
Sen embargo, iso non será impedimento. Non deixemos de lado a nosa paixón pola lectura e o noso amor polos libros. Por iso, poderedes seguir disfrutando dos libros do noso catálogo.
Este ano o sistema de préstamo e devolución dos libros será distinto, pero que non vos impida ler. Para poder solicitar un libro, tedes que mandar un correo electrónico ao enderezo biblioteca@iesafonsoxcambre.com, poñendo no asunto o voso nome e curso e no corpo do correo o título e autor do libro. Cando o recibamos, encargarémonos de levarche o libro a clase.
Tamén podedes entrar no noso catálogo de libro en liña no seguinte enlace:
http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Biblioteca.aspx?CodigoBiblioteca=CED029
Ademais, para devolvelos, tedes na entrada da biblioteca un espazo para deixalos. Xa nos encargamos nós de rexistrar a súa devolución.
Hoxe é un día moi triste para todos os amantes de Mafalda. No día de hoxe, faleceu en Bos Aires o seu creador, Joaquín Salvador Lavado, coñecido mundialmente como Quino.
Gracias a súa xenialidade, puidemos aprender que o humor e a tenrura non son incompatibles co espírito crítico. Moitas gracias por todo, mestre.