27/10/22

Samaín 2022 preparado

 PREPARANDO O SAMAÍN!

     Como ben sabedes, o venres 28 celebraremos o Samaín, a festa celta que conmemora o cambio de estación e que abre as portas do maís alá par que os mortos visiten o mundo dos vivos.

    Durante toda esta semana todos os voluntarios estiveron traballando para decorar a biblioteca. O resultado é marabilloso e terrorífico a partes iguais. Tedes que pasar para descubrir todo o que temos preparado:







24/10/22

24 outubro: día das bibliotecas

 HOXE É O NOSO DÍA


               Non hai mellor forma de celebrar o día das bibliotecas que ensinando ao novo alumnado a forma de localizar todos aqueles libros que querar ler. Para iso, o equipo de biblioteca preparou unha ximcana na que tiveron que aplicar todas explicacións previas:



17/10/22

17 octubro: día das escritoras

17 outubro: DÍA DAS ESCRITORAS 


         
        As escritoras non sempre gozaron do recoñecemento e do dereito a exercer o seu traballo sen ter que emplear seudónimo. Seguindo as palabras de Virxinia Woolf, para a maior parte da historia "anónimo" era muller. Por iso, desde 2016 conmemórase o primeiro luns máis próximo ao 15 de outubro, data na que morreu a patroa dos escritores españois: Santa Teresa de Jesús.
          Para reinvidicar o peso das mulleres na literatura, desde a Biblioteca facemos unha escolma de autoras de todos os tempos e xéneros que están entre os nosos fondos e que podedes levar a casa:



10/10/22

10 outubro: día da saúde mental

 A SAÚDE MENTAL É FUNDAMENTAL 

   

     Hoxe 10 de outubro é o día mundial da saúde mental. Celébrase desde 1992 co obxectivo de concienciar dos problemas deste tipo que hai en todo o mundo (especialmente despois da pandemia) e falar deles con normalidade para que deixen de ser un tema tabú. 





    Desde a biblioteca, fixemos unha selección de lecturas que desenvolven este tema desde puntos de vista diversos e difernetes xéneros: banda deseñada, ensaio, manga, novela... Pasa e leva o que máis te interese