30/11/22

Mes da ciencia en galego: recreos científicos

 RECREOS CIENTÍFICOS

         A participación nos recreos científicos do mes de novembro foi impresionante. Queremos agradecer a participación activa do noso alumnado nos retos de cada día. Ademais, estes foron posibles grazas a colaboración coa biblioteca dos departamentos de Bioloxía, Matemáticas e Física e química.
         Houbo un gran número de retos diferentes para poñer a proba ao noso alumnado:




































25/11/22

25 novembro: día contra a violencia machista

 

            Con motivo do día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, desde a biblioteca fixemos unha escolma de lecturas que abordan esta temática para que podades darvos de conta que a violencia sobre as mulleres é algo que acontece máis do que pensamos:

        

        Ademais, amosamos algunhas das fotografías que o noso alumnado presentou ao concurso. Próximamente anunciaranse os gañadores. Estade atentos! 

        
        Agora propoñémosche que fagas o seguinte test para comprobar como está a marcar ou xa marcou o machismo a nosa adolescencia. 

         
        Pásate pola biblioteca e cóntanos o resultado e a debatir sobre os comportamentos machistas que temos interiorizados sen querer.

15/11/22

concurso fotográfico 25N

 CONCURSO IMAXES POLA IGUALDADE

        Para poder loitar contra a desigualdade de xéneros, convocamos desde a biblioteca a segunda edición de Imaxes pola igualdade. Neste concurso de fotografía tedes que crear as vosas propias fotografías nas que:

    • denunciedes a violencia contra as compañeiras e as mulleres en xeral.
    • mostredes a igualdade de xéneros á que temos que aspirar.
       Todos os que querades participar e aspirar aos premios tedes que enviar as vosas fotografías ao correo da biblioteca, inciando nome, apelidos e curso.



13/11/22

Prestige exposición

ANIVERSARIO DO PRESTIGE

        Este 13 de novembro de 2022 cúmplense 20 anos dunha das maiores catástrofes medioambientais na costa galega. No 2002, o petroleiro Prestige con 77.000 toneladas de fuel atopábase á deriva fronte as costas de Muxía tras diversas maniobras para alonxalo da costa galega. O 19 pártese pola mitade, afundindo primeiro a popa e despois a proa. Nese momento, comeza a verter todo o combustible ao mar. Isto traduciuse nunha marea negra que encheu as costas galegas de chapapote.                                             

        Os galegos saíron ás rúas a protestar baixo o lema Nunca máis para que non se volvera a repetir esta situación e para pedir responsabilidades políticas e ecolóxicas.

        Na biblioteca montamos unha exposición na que se ofrecen multitude de fondos bibliográficos para comprender o que ocorreu fai vinte anos e podamos aprender dos erros do pasado e non volver a cometerlos:


      

                   


         Animámos a toda a comunidade educativa e ás familias a levar para casa calquera das nosas recomendacións sobre este tema para poder informarse detalladamente. como, por exemplo: 




    Ademais, recomendamos que, se tedes ocasión, vaiades ao teatro a ver N.E.V.E.R.M.O.R.E. unha co-produción de Chévere co Centro Dramático Nacional na que se acude á memoria colectiva para explicar esta catástrofe medioambiental.

    



02/11/22

Mes da ciencia en galego: retos

 MES DA CIENCIA EN GALEGO

           Durante todo este mes, nos segundos recreos na biblioteca haberá todo tipo de xogos científicos. O alumnado que máis retos consiga resolver terá premio. Animádevos a participar!

Samaín celebración

 SAMAÍN 2022


        Este ano sentimos o medo na nosa pel de diversas formas. Dinamización lingüística e o departamento de Lingua galega organizaron a segunda edición das portas terroríficas para o alumnado de 1º e 2º ESO:



        Tamén visitamos o campo santo para comprobar se os mortos saían das súas tumbas.




     
    Ademais, tivemos a visita terrorífica da Santa Compaña que buscaba almas para que se unan á procesión. Por iso, todo o alumado tivo moito coidado de non miralles aos ollos:


     Por último, realizamos lecturas dramáticas nos recreos na biblitoeca. Se quedachedes con ganas de máis, pasade pola biblioteca a levar algunha das nosas suxestións lectoras: