28/03/10

Miguel Hernández: 68 cabodano

Mentres agardaba pola aplicacion da súa condena á morte, hoxe, hai 68 anos morría no cárcere de Alacante, nunhas condicións sanitarias noxentas, o poeta Miguel Hernández. Rachábase unha vida de compromiso e perdíase a un gran home que aínda non escribira os seus mellores versos. Iste ano celebramos o centenario do seu nacemento e preténdese recuperar a súa memoria.

Vientos del pueblo me llevan
Vientos del pueblo me llevan,
vientos del pueblo me arrastran,
me esparcen el corazón
y me aventan la garganta.
Desde aquí podedes ler os seus poemas.


Morte no cárcere de Alacante o 28 de abril de 1942 .



Pequena homenaxe na voz de Joan Manuel Serrat.



Novo disco de Joan Manuel Serrat "Hijo de la luz y de la sombra" con poemas de Miguel Hernández.



Na Fundación Miguel Hernandez poderedes atopar unha completa información sobre o poeta e sobre os actos do seu centenario.

27/03/10

Un mundo por leer


Unha das boas sorpresas das Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia do outubro pasado foi coñecer a Guadalupe Jover, docente de lingua e literatura nun centro de Madrid. Ademais doutras publicacións, Guadalupe é autora de Un mundo por leer. Educación, adolescentes y literatura. Octaedro-Rosa Sensat, 2007.

A idea do libro e, tras unha reflexión crítica sobre a situación actual do ensino da literatura nos centros de secundaria, ofrecer ferramentas que contribúan á educación literaria dos e das adolescentes. Para iso apunta tres grandes coordenadas que axudarían a enmarcar o debate sobre esta cuestión: hai máis libros alén dos programas escolares; hai que unir a lectura da palabra e a lectura do mundo; e temos que considerar o horizonte de expectativas en que se sitúan os adolescentes.

É un libro imprescindible para calquera persoa interesada no eido da lectura. Un traballo froito da experiencia e cos pes nas aulas. Un libro sinxelo ao tempo profundo, un libro crítico á vez que construtivo.

25/03/10

A música da biblioteca 2: Maurice Ravel


Ravel era chamado “o reloxio suízo” porque era moi perfeccionista, porque era un tipo raro enganchado á súa nai, porque tiña unha fixación brutal polos detalles técnicos, porque podía facer dunha obra absurda cun só tema unha obra fantástica (O Bolero) facéndolla tocar un por un a todos os instrumentistas da orquesta pero sen que parecese un exercicio de colexio...

Pero Ravel era un compositor extraordinario, tiña unha capacidade melódica fabulosa, moi francesa. E era un intelectual. Debussy acudía sempre ás veladas do simbolista e Mallarmé e Ravel facía o mesmo con Verlaine. Ademáis Ravel tamén frecuentaba o mundo da noite, gustáballe moito o jazz e o ballet, e foi un entusiasta membro do “Grupo dos apaches”, quenes aplaudían todo o que tentase ser vangarda, toda manifestación que buscase novas sensacións.

Neste disco temos dúas das miñas pezas favoritas, as dúas son do período de madurez. Por entonces xa se tiña xuntado con todos os creadores (que estaban todos xuntos no mesmo lugar levando vidas de bohemios), xa probara músicas de todo tipo, xa deconstruíra un vals, xa pasaran a Gran Guerra e os felices anos vinte. Estamos na década dos trinta e unha crise enorme vai rematar na Segunda Guerra Mundial. Ravel xa viu como o mundo soñado no que viviran non existía máis e é probable que intuíse o que aconteceu desde o ascenso nazi.

Tanto o Concerto en Sol Maior (1930) coma o Concerto para man esquerda (1931) son obras síntese da evolución de Ravel, teñen a asimilación do jazz, a riqueza melódica e a orquestación tímbrica tan individualista (herdanza de Berlioz e dos rusos). Ambolos dous son concertos de estructura clásica, pero coas innovacións armónicas adquiridas tras moitas experimentacións.

O concerto para man esquerda foi unha petición do famoso pianista Paul Wittgenstein (irmán, do célebre filósofo Ludwig Wittgenstein) quen perdera o brazo dereito na Primeira Guerra Mundial. Inda así tentou estudar cunha man só e pediu aos compositores que compuxesen para él...

Aquí vai unha parte do concerto para man esquerda tocado por Witgenstein.. hai máis versións en youtube con vídeo incluído (nesta ocasión son exclusivamente fotografías e o resto do concerto é o seguinte video de youtube):




Este é un exemplo do concerto en sol maior dos que se poden atopar en youtube, o pianista chámase Michelangeli:




E o meu bonus track, a miña obra favorita de Ravel, "La Valse" ou a deconstrucción dun vals:


23/03/10

O que estou a ler, paréceme (IX): "Nunca seré tu héroe"



María Menéndez-Ponte. Nunca seré tu héroe. S.M. Gran Angular, 1998


Es un libro que me ha gustado mucho porque trata con humor los problemas a los que se enfrentan los adolescentes y además mantiene la intriga durante toda la historia, lo que te obliga a seguir y seguir leyendo. Por lo que me ha gustado este libro me encantaría que hubiese una segunda parte.


FRAN 2º ESO

21/03/10

Día da Poesía: Emilio Cao canta a Novoneyra

Co gallo da celebración do Día da Poesía e como este ano adícase do Día das Letras Galegas a Uxío Noveneyra, poñemos este vídeo onde Emilio Cao musicaliza un poema do poeta do Courel.


20/03/10

Que desexan @s nativ@s dixitais das bibliotecas?

Será isto o que nos pedirán/piden os nativos dixitais?
Estaremos preparados?




Visto en Frikitecaris.

18/03/10

"Por favor, sea breve"

Por favor, sea breve
5º Concurso de relatos hiperbreves
IES Afonso X

Podrán participar todos los alumnos del Centro en dos modalidades:
1º, 2º y 3º de ESO
4º de ESO, 1º y 2º de Bachillerato, PCPI y Ciclos Formativos.

-Relato original en lengua castellana.
-Comienzo del relato: “Aquella tarde en el cine…”
-Máximo 30 líneas. Tipo de letra: times new roman, tamaño 12.
-Los textos irán acompañados de una plica (en la que Figueres el nombre del autor, su curso y grupo) metida en un sobre cerrado, que tenga escrito el título del relato).
-Fecha límite de entrega: 9 de abril.
-premios en ambas modalidades:
Primer premio: cheque regalo por valor de 50 euros.
Segundo premio: cheque regalo por valor de 30 euros.
-El fallo se hará público durante la celebración de la Semana del Libro, del 19 al 23 de abril de 2010.
-Entrega de premios. 23 de abril.

17/03/10

Miguel Delibes, sempre, na nosa biblioteca



Miguel Delibes


Faleceu o escritor vallisoletano Migel Delibes. A súa obra sempre quedará onda nós. "O bosque animado" preparaou unha pequena homenaxe coa exposición da obras que del temos na biblioteca.


08/03/10

Manual de lexislación educativa. Da Loxse á Loe



A Biblioteca vén de adquirir o "Manual de lexislación educativa: Da LOXE á LOE" de Manuel Lama Grande, editado por tresCtres na súa colección DE LEI. Texto xurídicos.

É a recompilación máis actualizada de normativa educativa publicada en Galicia e inclúe un cd coa mesma.

Na súa introdución podemos ler:

"O presente manual ten por obxectivo axudar a resolver moitas das dúbidas que, en relación coa lexislación educativa aplicable ás ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional e educación de persoas adultas, a cotío se nos presentan aos profesores, aos orientadores e aos cargos directivos nos centros educativos, en particulat as xeneradas pola recente entrada en vigor da LOE".

03/03/10

Convocado o XVII Certame Literario de Cambre

Co obxectivo de estimular a creación literaria e fomentar a súa difusión entre a mocidade, os Equipos de Normalización Lingüística e os Departamentos de Lingua Galega e Literatura dos dous Institutos de Educación Secundaria de Cambre, Afonso X e David Buján, as asociacións de nais e pais e a Concellería de Cultura e Contratación do Concello de Cambre, convocan esta XVII edición do CERTAME LITERARIO de acordo coas seguintes:

B A S E S


PRIMEIRA.- Poderá participar neste certame calquera mozo/-a de idade comprendida entre os 12 e os 26 anos, segundo as seguintes categorías:

CATEGORIA A: de 12 a 14 anos

CATEGORIA B: de 15 a 18 anos

CATEGORIA C: de 19 a 26 anos

SEGUNDA.- Cada participante poderá presentar unha proposta a calquera das dúas modalidades: Poesía e Narración breve. Na modalidade de poesía presentaranse tres poemas como mínimo, de tema e forma libres. Na modalidade de narración breve a extensión máxima será de cinco DIN-A4 e o tema libre.

TERCEIRA.- Os traballos estarán escritos en lingua galega e deberán ser orixinais e inéditos.

CUARTA.- Deberán de estar escritos con ordenador, en papel de tamaño DIN-A4, espazamento entre liñas simple e tamaño de letra 12, por unha soa cara; paxinados e sen asinar. Entregaranse orixinal e catro copias nun sobre no que figure: XVII CERTAME LITERARIO, o lema ou pseudónimo do autor ou autora, a categoría (A, B ou C) e a modalidade (narración ou poesía). Cada traballo presentado levará xunto un sobre pechado no que, por fóra, deberán figurar os mesmos datos, e no interior, unha fotocopia do DNI, teléfono e correo electrónico, así como o centro no que estudia ou traballa, se é o caso.

QUINTA.- Os traballos poderán presentarse persoalmente nas administracións dos Institutos ou ben seren enviados por correo ordinario a: Concello de Cambre – Concellería de Cultura e Contratación Adro, 1 - 15660 Cambre

SEXTA.- Haberá dous premios por categoría e modalidade, aínda que o xurado poderá declarar desertos calquera deles no caso de considerar insuficiente a calidade dos traballos presentados. O importe dos premios será de:

CATEGORIA A: 1º Premio: 230,00 € 2º Premio: 170,00 €

CATEGORIA B: 1º Premio: 290,00 € 2º Premio: 200,00 €

CATEGORIA C: 1º Premio: 400,00 € 2º Premio: 230,00 €

SÉTIMA.- Aos premios practicaránselles as retencións legalmente estabelecidas. Con carácter previo á concesión comprobarase que os premiados estean ao corrente das súas obrigas tributarias e coa seguridade social.

OITAVA.- A data límite de entrega de traballos será o día venres, 23 de abril de 2010.

NOVENA.- A composición do xurado darase a coñecer no acto de entrega de premios, que terá lugar no instituto de secundaria Afonso X de Cambre, o venres 28 de maio de 2010, ás 12:30 h.

DÉCIMA.- A organización do Certame resérvase o dereito a publicar os traballos premiados. Neste sentido os autores e autoras renuncian a calquera tipo de remuneración polos dereitos de autoría.

UNDÉCIMA.- Os traballos non premiados poderán ser solicitados polas autoras ou autores ata un mes despois de que se faga público o fallo do xurado. Aqueles que non sexan reclamados destruiranse pasado este prazo.

DUODÉCIMA.- O xurado e a organización do certame están facultados para tomar as decisións que consideren oportunas ante a aparición dalgún imprevisto non recollido expresamente nas presentes bases. A participación neste certame implica o coñecemento e a aceptación íntegra destas bases.

Orgullosos do noso, orgullosos do galego



A Coordinadora de E.N.D.L. acaba de presentar a súa nova campaña Orgullosos do noso, orgullosos do galego, unha campaña que pretende transmitir no seo da comunidade educativa, e no conxunto da sociedade, un sentimento de orgullo pola lingua propia como sentimento común de todos os galegos á marxe da orixe, a ideoloxía, o credo ou a idade de cadaquén. Dende a CGENDL considérase que a lingua galega é un elemento de unión e un rico patrimonio de futuro que nos dota de identidade e nos conecta con millóns de persoas en todo o mundo. E esa é unha das mensaxes que, no momento en que estamos, cremos que hai lanzar á sociedade.

Iste é o vídeo.

01/03/10

A frase do mes



"Os mellores momentos da lectura son aqueles nos que te atopas con algo -un pensamento, unha sensación, un xeito de entender o mundo- que ata entón crías que era intimamente persoal, que só era teu; e agora, de súpeto, atópalo expresado por alguén, unha persoa á que nin sequera coñeces, ou que fai tempo que morreu ata. E é coma se do libro xurdise unha man e collese a túa". Héctor, o profesor de Los chicos de historia de Alan Bennet.