Amosando publicacións coa etiqueta ALFIN. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ALFIN. Amosar todas as publicacións

06/05/10

Semana das Letras (I): Webquest sobre Uxío Novoneyra

Como ven sendo habitual dende hai xa algúns anos, O Segrel do Penedo (IES de Fene) e Biblioafonso, e como unha máis das actividades encamiñadas á alfabetización en información (ALFIN) do noso alumnado e que sistemáticamente se están a desenvolver en ambos os dous centros, vimos de elaborar unha webquest dirixida ao alumnado da ESO na que tentamos facer un percorrido sobre a figura de Uxío Novoneyra e a Galicia que lle tocou vivir a este escritor, referente da nosa cultura e a nosa lingua, a quen se lle adica este ano o Dia das Letras Galegas.

Webquest Uxío Novoneyra

28/10/08

Taller da Unesco de Formación de Formadores en ALFIN


Durante os días 27, 28, 29 e 30 de outurbo a nosa biblioteca ten a oportunidade de participar, previa invitación, no Taller da UNESCO de Formación de Formadores en Alfabetización Informacional que se está a desenvolver en Granada e que rematará o xoves 0 en Sevilla. É o oitavo obradoiro da UNESCO dos once previstos.

Estamos participando xentes de Túnez, Marrocos, Alxelia, Cuba, Italia, Costa Rica, Colombia, Chile, Portugal, España e un galeguiño. que traballa no ámbito de ALFIN e Biblioteca Escolar con profesionais da talla de Glória Durban, José Antonio Gómez, Mª José Vitorino, Jordi Fernández, Elisabete Fiel, Aurora Cuevas, etc.

Na sesión inaugural participou algunha política (Directora Xeral do Libro de Andalucía) cun discurso sen autovangloriarse e con peso, Cristóbal Pasadas, alma máter do Taller e, sobre todo, Misako Ito, da división da Sociedade da Información da UNESCO. Ademais das sesións plenarias, as xornadas desenvólvense por sectores (bibliotecas públicas, universitarias, escolares e profesionais) Estas sesións presenciais son a continuidade dun obradoiro virtual que viñemos desenvolvendo nos últimos meses e que terán continuidade nos vindeiros.

Sobre os contidos, traballos e conclusións, Biblioafonso irá informando puntualmente.

11/05/07

O Cid xa é cabaleiro

No día de hoxe, Rodrígo Díaz de Vivar foi investido cabaleiro no IES Afonso X O Sabio.

Mentres na porta da biblio Dona Ximena e Babieca esperaban o magno acontecemento, alumnas e alumnos de 1º E investiron cabaleiro ao Cid. Para iso, estes investigadores lograron localizar o nome de todas as pezas da súa armadura; pezas que estaba agochadas polos libros da biblioteca. Posteriormente averiguaron cal era a función de cada peza para, logo, colocarlla ao novo cabaleiro.

Con ista actividade de formación de usuarios e usuarias, o alumnado de 1º da ESO está a perfeccionar o seu dominio do espazo bibliotecario e as técnicas de busca dos nosos fondos.

Ista actividade foi desenvolta grazas á xenerosidade de Carmen Loriga (Biblioteca Uxío Novoneyra do IES Anxel Casal da Coruña)