13/10/10

Xornada pola Ciencia en Galego


A CGENDL (Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística)convídanos a sumarnos dende cada centro educativo á Xornada pola Ciencia en Galego, unha xornada que, en colaboración cos colectivos de docentes de matemáticas, ciencias e tecnoloxía e outras entidades, se dirixe dende o ensino a toda a sociedade co obxectivo de expresarmos que o galego é unha lingua adecuada para a transmisión do coñecemento científico e tecnolóxico e para divulgar experiencias científicas escolares pensadas e desenvolvidas en galego.


A xornada celebrarase o próximo xoves 4 de novembro e o profesorado, xunto co alumnado, poden participar organizando libremente unha actividade de divulgación adaptada a cada realidade e aos diferentes niveis educativos. Trátase de transmitir ao alumnado e ao seu contorno os obxectivos da xornada cunha clase divulgativa que, segundo as posibilidades de cadaquén, pode desenvolverse na aula, no salón de actos ou no patio, e mesmo fóra do centro para quen poida cooordinarse con outros centros.

No hay comentarios: