1/4/12

A frase do mes: Gracia Santorum


"Creo firmemente que o acto de ler, mellor dito, o hábito de ler, incide directamente na nosa educación e na nosa cultura. Que non nos faga mellores persoas non significa que non nos faga máis sabias. Diferente é que o apliquemos ou non na nosa vida cotiá.

Este aumento da cultura é para min o gran reto que atinxe a este país, tan adoecido e carente dela. Un país que non comprende a riqueza de contar con lingua propia, un país que destrúe o medio natural cada verán…  está asolagado de incultura. Para remedialo está, ou cando menos creo que debe estar, a lectura".

Gracia Santorum. "Trafegando ronseis, un blogue para o fomento da lectura". En Fomento da lectura: unha fronteira para o libro, páxinas. 163-178.  Editado pola Asociación Galegas de Editores, 2011. Cita das páxinas. 166 e 167.