11/4/13

Jose Luis Sampedro


“Sin libertad de pensamiento, la libertad de expresión no sirve de nada”


José Luis Sampedro: 96 anos de lucidez e compromiso.
Nacido en Barcelona no 1917, foi economista, narrador, profesor universitario, ensaista, pensador. Un humanista.  Residiu en diversas cidades españolas; sendo neno, viviu en Tánxer, feito que lle proporcionou un achegamento á cultura árabe reflictido nalgunas das súas obras. Crítico coas consecuencias do neoloberalismo  e do “capitalismo salvaxe” foi referente do movemento indignado. Escribiu o prólogo da edición española do libro ¡Indignaos! de Stéphen Hessel. Membro da RAE dende 1990, entre outras distincións foi galardoando co Premio Nacional das Letras e 2011 e co Premio Internacional Menéndez Pelayo no 2010. Da súa producción  novelística destacamos: Congreso en Estocolmo (1951), El río que nos lleva (1961), Octubre, octubre (1981), La sonrisa etrusca (1985), La vieja sirena (1990), El amante lesbiano (2000), Cuarteto para un solista (2011). Como ensaista, Conciencia del subdesarrollo (1973), El mercado y la globalización (2002) ou Economía humanista (2009).

No hay comentarios: