18/2/09

Convocado o XVI Certame Literario de Cambre


Como en anos anteriores e co obxectivo de estimular a creación literaria e formentar a súa difución entre a mocidade, os Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística e os Departamentos de Lingua Galega e Literatura dos dous institutos, as Asociacións de Nais e Pais así como a Concellería de Cultura convocan o XVI Certame Literario de Cambre. Lembrade que hai tres categorías (de 12 a 14 anos, de 15 a 18 anos e de 19 a 26 anos) e dúas modalidades (poesía e narración breve). O Certame está aberto a calquera persoa que entregue orixinais escritos en galego antes do 17 de abril e os premios oscilan entre os 170 e os 400 euros.
A P A R T I C I P A R

No hay comentarios: