11/02/09

Exposición E ti que les?


Que libros te recomendarían os xogadores do Deportivo Manuel Pablo e Sergio? Os poetas Yolanda Castaño e Fernán Vello aconsellaríanche os mesmo libros que o Gayoso ou Miguel de Lira?

O martes dia 10 de febreiro, na semana de San Valentín, a bilblioteca quere facer unha declaración de amor os libros e por iso comenzou a exposición “¿E ti que les?” Promovida polo IES de Sabón (Arteixo), contén as recomendacións de lecturas de escritores e escritoras, pintores e artistas, fotógrafos, músicos e outra xente da cultura galega ata completar un total de 47.


Os paneis que forman parte da exposición conteñen a foto do persoeiro e ao seu carón aparece unha páxina escrita polo mesmo. A mostra completase cun vídeo en onde toman a palabra os invitados e remarcan as propostas con argumentacións en vivo.


Moitos foron os alumnos que se achegaron o recoñecer nas fotos a Manuel Rivas, Gayoso, Paco Lodeiro, Yolanda Castaño, Isaac Díaz Pardo, Miguelanxo Prado, etc… e quedaran sorprendidos coas suxestións que lles facían.


Asi pois, o San Valentín dos libros chegou A Barcala.

1 comentario:

Loly dixo...

Fermosa declaración de amor. Lémbrame un antigo eslogan... "dígallo cun libro"
Parabéns... xa estou desexando vela!!