2/3/09

Don Señor e o home do soño

Grazas á canle do audiovisual galego Flocos.tv podemos admirar a interesante curtrametraxe Don Señor e o home do soño.

Don Señor é unha persoa introvertida que vive nunca habitación de onde non lle gusta saír, só sae para pasear ao seu can e por necesidades maiores, a se sobrevivir.

Na súa habitación, Don Señor pasa as horas intentando alonxarse do mundo que lle rodea, cheo de tecnoloxía, ruído e polución, mentres escribe un libro que lle axuda a evadir a súa mente. Pero algo máis perturba a Don Señor, nos seus soños que ten repetidamente onde “O Home do Soño” axúdalle a acabar con todo.

Duración: 6:35
Ano:2007


1 comentario:

Oki dijo...

Unha curta sorprendente...
E que conste que eu entendo a Don Señor niso de que hai días que parece que a realidade non ofrece nada que nos faga sair ali fóra... E só os amigos (neste caso o seu can) son os que chaman por nos e fannos ver que as veces a vida é marabillosa.