Divertida a ciencia? Mais que calquera outra cousa, aínda que te custe crelo. A ciencia é un gran xogo, é “a nai de todos os xogos”, pois xogar non é máis que divertirse poñendo a proba as nosas habilidades físicas e mentais.
Viches algunha vez unha tapa do sumidoiro voar polos aires? Escoitaches falar algunha vez dunha tartagura que respira polo ano? Coñeces a curiosa historia da invención do velcro?
Por que son redondos os planetas? Como durmen as baleas e os golfiños sen afogarse? Por que hai máis xente destra que zurda? Por que flotan as nubes se teñen auga no seu interior?
Por que o ceo é azul? Teñen as estrelas realmente puntas? Son os diamantes para sempre? Que son a Teoría da Relatividade e a Mecánica Cuántica? Por que se extinguiron os dinosaurios?...
Por que a neve á branca? Por que o pegamento non se pega cando o bote está pechado? Que son os tsunamis? Como funcionan as pantallas de cristal líquido? Que é o colesterol?.
A estas e a outras preguntas atoparás resposta nos libros sobre ciencia que te recomendamos e que podes ver na exposición da Biblioteca. Ademaís poderás coñcer en profundidade moitas curiosidades sobre Eisntein, Galeileo, Madame Curie, Leonardo, Képler...
Ningún comentario:
Publicar un comentario