28/01/10

Textos por la Paz

Como unha máis das actividades de intercambio que estamos a realizar dentro do programa ARCE, Biblioafonso preséntavos a selección de "Textos por la Paz" elaborada polo alumnado do IES Vallecas Magerit.










E, como non, os microrrelatos feitos polo noso alumnado de 3º da ESO:







Todos este textos, ao igual que os preparados polo IES Siglo XXI de Sevilla, (aquí están) podedes lelos na Biblioteca O Bosque Animado.

24/01/10

Facendo historia con memoria


O pasado mércores 20 de xaneiro foi presentado na Coruña o novo libro do catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago, Lourenzo Fernández Prieto titulado Facendo memoria con historia. Editado por 3C3 na súa colección Vilarnovo que dirixe Amancio Liñares. Foi precisamente o editor que fixo de mestre de cerimonia no acto que contou coa presenza de Ernesto Sánchez Pombo, xornalista, Manolo Martínez Barreiro, historiador e xornalista e o propio autor.

A presentación do editor foi moi agarimosa cos presentes e sobre todo cos seus amigos da mesa posto que tres dos catro pertencen á promoción do 84 da facultade de Historia. Tamén as palabras de Sánchez Pombo e de Manolo Barreiro foron, ademais de laudatorias sobre o autor, moi reflexivas sobre a necesidade de facer presente a historia, especialmente a historia esquecida conscientemente polo franquismo xa que como se di no libro:

Este libro trata do noso pasado máis incómodo, daquel que aínda está vivo entre os sobreviventes, cada vez máis escasos, e que fica descoñecido entre os máis novos. Máis que descoñecido, deformado. Tamén aborda algúns dos problemas que hoxe temos con el. O golpe de estado de 1936, a represión que o acompaña, a guerra civil que provoca e a ditadura que se instaura como consecuencia da Vitoria franquista distan moito de ser un pasado coñecido”.

A portada, impresa cunha excelente calidade, conta cunha fotografía na que aparecen, o 14 de abril de 1936 na Coruña, o gobernador civil e a súa dona, un xeneral de brigada e o alcalde da cidade. Todos eles serán fusilados semanas despois.

19/01/10

O que estou lendo paréceme (VI): Naruto


Masashi Kishimoto. Naruto. Ed. Glénat.


A min me gusta porque me gusta a acción e a aventura. Tamén me gustan os gráficos, están moi chulos cando pelexan. Hai unha cousa que non me gusta, e é que cambian cada dous por tres de escena e poñen unha pelexas con outra cousa distinta.

A min Naruto gústame porque son uns cómics manga de aventuras chulísimas. Ás veces o autor fai que os debuxos se vexa en toda a páxina e está moi ben iso de lelo ao revés, é chulo.

Ángela e Lucas. 1º ESO A

17/01/10

O que estou lendo paréceme (V): Trece anos de Branca



Agustín Fernández Paz. Trece anos de Branca. Rodeira.

Trece de Branca trata dunha nena á que lle diagnostican unha clase de hepatite. Como ten que botar algunhas semanas na cama decide pasar o tempo facendo un álbum coas súas fotos favoritas, mentres vai recordando momentos a través delas.

Este libro pareceume moi interesante porque o escritor expón argumentos adecuados á nosa idade, conseguindo enganchar ao lector.

Recomendaría este libro ás persoas da miña idade (12-13 anos) Ás que lles gusten historias un pouco románticas, de amizade e que transcorran nun ambiente escolar, anímoas a que lean este libro xa que é moi curtido e lese enseguida.


Eva Montero 1º ESO

16/01/10

02/01/10

A frase do mes: Yolanda Castaño





"A emoción non sempre é sinxela, plana, doada de entnder ou de expresar. Daquela temos o que escribiron outros/as: palabras que podemos facer nosas para explicarnos o que sentimos, o que somos. A poesía nomea o que non podería escribirse doutro xeito. Pon nome ao difícil de pronunciar".

Cita recollida de Xavier Seoane. Ditos sobre o libro e a lectura. A Coruña, 2009, páx. 21.