O pasado mércores 20 de xaneiro foi presentado na Coruña o novo libro do catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago, Lourenzo Fernández Prieto titulado Facendo memoria con historia. Editado por 3C3 na súa colección Vilarnovo que dirixe Amancio Liñares. Foi precisamente o editor que fixo de mestre de cerimonia no acto que contou coa presenza de Ernesto Sánchez Pombo, xornalista, Manolo Martínez Barreiro, historiador e xornalista e o propio autor.
A presentación do editor foi moi agarimosa cos presentes e sobre todo cos seus amigos da mesa posto que tres dos catro pertencen á promoción do 84 da facultade de Historia. Tamén as palabras de Sánchez Pombo e de Manolo Barreiro foron, ademais de laudatorias sobre o autor, moi reflexivas sobre a necesidade de facer presente a historia, especialmente a historia esquecida conscientemente polo franquismo xa que como se di no libro:
“Este libro trata do noso pasado máis incómodo, daquel que aínda está vivo entre os sobreviventes, cada vez máis escasos, e que fica descoñecido entre os máis novos. Máis que descoñecido, deformado. Tamén aborda algúns dos problemas que hoxe temos con el. O golpe de estado de 1936, a represión que o acompaña, a guerra civil que provoca e a ditadura que se instaura como consecuencia da Vitoria franquista distan moito de ser un pasado coñecido”.
A portada, impresa cunha excelente calidade, conta cunha fotografía na que aparecen, o 14 de abril de 1936 na Coruña, o gobernador civil e a súa dona, un xeneral de brigada e o alcalde da cidade. Todos eles serán fusilados semanas despois.

Ningún comentario:
Publicar un comentario