30/11/11

¿EDUCAR EN VALORES?

Invita a facer unha seria reflexión


29/11/11

OUTRAS BIBLIOTECAS

Precioso video  para que vexamos que non todas as realidades son como a nosa e que con pouco pódese facer moito.





Cómics na biblio: novidades de novembro:

O dobre delito de (1) ler,  e (2) ler... cómics
   A nosa biblioteca acaba de incorporar certos álbumes de cómics, máis ben tirando ao clásico, pero moi atractivos. Pouco a pouco iremos falando deles aquí, entrada a entrada, entre silencio abrumador e máis silencio abrumador, mais hoxe é o momento de dicir cales son, non de -unha vez máis- chorar:

   - Fábula de Venecia, de Hugo Pratt. Unha aventura de Corto Maltese (así, coa "e" ao final: somos militantes) na querida Venecia de Pratt, un dos mellores autores de cómics de todos os tempos. Non é a súa mellor obra, pero é unha boa e interesante obra da que xa falaremos aquí, queridos fans. Editada a cor por Norma.
   - O número 17 da serie sobre Tha Spirit, do gran Will Eisner, editado por Norma a cor. Un clásico. Aventuras de ambiente policial e urbano cunha planificación e unha concepción da páxina como unidade que debuxan unha "o" na boca do admirado lector.
   - Un dos volumes dedicados á serie de Krazy Kat, do enorme Herriman, outro clásico, neste caso do cómic de humor, válido para todas as idades (tamén para os vellos de máis de trinta anos). Imprescindible, inolvidable e moitas palabras máis que comecen con "i". Herriman soamente necesitaba unha cárcere, un can policía, un rato un tanto sádico e unha gata tola e namorada á vez do rato e dos seus ladrillazos. Publicado por Planeta DeAgostini.
   - O derradeiro número da saga do Señor Jean, unha serie francesa de fino humor e sarcasmo non tan fino ás veces. Moi bo igualmente.
   - Low Moon, un recomendable album do noruego Jason, a cor, moi ben editado por Astiberri, con diferentes historias nas que o autor xoga cos distintos xéneros (western, ciencia-ficción, policial, etc.) sen faltar guiños culturetas para gafapastas ociosos.

   E polo de agora máis nada. A ver se colocamos algo disto na sección de "Novidades" e damos algo a nota...

25/11/11

"Cómic e literatura", novo club de lectura


Comunicamos mediante esta entrada que o club de lectura dedicado a "Cómic e literatura" dará comezo como tal a semana que entra. Seremos, en principio, unhas cinco persoas, máis dúas que estarán con nós vía internet, no blog, como outros anos. Pode que se sume alguén máis; sucede ás veces.

Para máis información (qué pretendemos facer, qué autores trataremos, qué tipo de cómics, etc.), ver no noso blog.

E xa está, creo.

   PS: Premendo un pouco máis abaixo sobre a etiqueta "Cómic" pódense ver outras entradas dedicadas neste blog (Biblioafonso)aos cómics.
 

22/11/11

Sobre a lingua

Dous vídeos interesantísimos. O primeiro vímolo na Biblioteca do Chouzo de onde collemos, tamén o texto. Aclaro que Cea, xunto con Carral e Osedo, é un dos lugares co mellor pan de Galicia.
Lipdub do CPI Virxe da Saleta sobre unha versión de Sweet Home Alabama de Lynyrd Skynyrd, popularizada por Siniestro Total como Miña Terra Galega. Sobre unha idea de Álvaro Cunqueiro, naceu a letra de A Lingua Sabe a Pan. Contou coa participación de todo o alumnado do CPI e dos músicos Pedro Feijoo e Charly Lincoln que gravaron, misturaron e produciron nos estudios Muu! de Vigo.






O segundo vídeo é de Carlos Blanco. Todo un fenómeno mediático.


19/11/11

Novo equipamento para a biblioteca

Recentemente vimos de completar o equipamento mobiliario da biblioteca. Adquiriuse un moble para os deuvedés, posto que os dous existentes estaban a quedar pequenos, e dúas estanterías baixas.
O moble de deuvedés foi colocado na parede que está xusto á entrada da biblioteca entre os dous arquivadores. Nos vindeiros días será rotulado para ver, se deste xeito, conseguimos que as películas non fiquen desordenadas.
Os dous novos mobles con andeis foron colocados na esquina do fondo da biblioteca. Con eles modificaremos fisicamente a colocación de parte dos nosos fondos de ficción e conseguiremos un espazo de seu para os documentos de produción propia.

1/11/11

A frase do mes: José Saramago

"Todo o mundo me di que teño que facer exercicio. Que é bo para a miña saúde. Mais nunca escoitei a ninguén que lle diga a un deportista: "Tes que ler"