25/11/15

Todos somos Pessoa


 Fernando Pessoa é considerado, ao lado de Luís de Camões, o maior poeta da lingua portuguesa e moitos pensan que a súa obra  é o legado da lingua portuguesa ao mundo.

 
Fernando Pessoa naceu en Lisboa, en xuño de 1888.

 Os cinco anos quedase orfo e os sete  por motivos familiares vaise a vivir   para Durban (Sudáfrica). Lonxe da súa querida Lisboa  empeza as escribir en inglés.
 

Volta a Lisboa para seguir cós seus estudos, pero  enmeigado póla cidade deixa a súa formación académica  e mesmo rexeita  unha importante beca que o faría marcharse a  Londres.
 
Comeza a súa vida de poeta e escritor de xeito intensivo o tempo que traballa como tradutor de cartas comerciais nunha empresa de importacións e exportacións. Lisboa pasa a ser o seu único mundo e rola polos bares da capital lusa tanto como cambia de domicilio, polo menos en vinte casas de aluguer ten vivido e escrito. 

 Os seus poemas mais coñecidos foron asinados por el e mais  polos heterónimos Álvaro de Campos, Ricardo Reis e Alberto Caeiro, alén de un semi-heterónimo, Bernardo Soares, que seria o propio Pessoa. Todos eles foron personaxes completos, con biografías propias e estilos literarios dispares: Álvaro de Campos, por exemplo, era un enxeñeiro portugués con educación inglesa , Ricardo Reis era un médico con un gran interese pola  cultura latina e Alberto Caeiro, o que considera o seu mestre, apenas ten a Primaria e sobre todo unha posición  crítica sobre os intelectuais e unha reivindicación da simplicidade.

  Aparte dos sinalados, coñécenselle  mais de cento vinte nomes distintos utilizados para escribir e incluso para vivir. Son varias as anécdotas onde el mesmo atribúe feitos reais os seus personaxes inventados e sérvese de eles para a  vida social.

 O gran amor da súa vida  foi  Ophelia Queiroz a que coñece   na  empresa na  que  traballaban os dous, ela empregada como mecanografa . Trátase dun amor intenso vivido  en dúas etapas, unha    cando el tiña  31 anos e a outra cando  xa con 40 anos estaba afectado por  serios problemas co alcohol.  

 Cando sae a rúa Mensagem , único libro publicado en vida, tense a sospeita de que se acercou a casa de Ophelia e sen deixar que ela aparecese deixoulle un exemplar adicado.
 
Aparte de ese libro so viron a luz diversos artigos e poemas insertos en revistas e xornais, pero  deixou un baúl cheo de escritos nos que estaban decenas de libros, incluíndo o Livro do desassossego, e aínda hoxe están pendentes de clasificar e publicar  algúns deles.

 E curiosa a anécdota na que fala do seu día triunfal e considera como tal o 8 de marzo de 1914 cando se acercou a unha cómoda, colle  papel e empeza a escribir de pé nunha especie de éxtase. Sen parar remata dous libros capitais na súa obra: O guardador de rebanhos e Chuva oblícua.

 
Tiña  47 anos cando ingresa no hospital e os poucos días morre debido a un bloqueo intestinal provocado por problemas hepáticos. A súa última frase foi escrita na cama do hospital, en inglés, con  data do 29 de Novembro de 1935:

I know not what tomorrow will bring”

(Não sei o que o amanhã trará).

Hoxendía é un dos protagonistas da vida lisboeta pois son moitas as celebracións da súa vida e obra que se propoñen de cotío: monumentos, grafismos, roteiros, premios, souvenires, …. Pouca xente sairá da capital portuguesa sen portar algo que o recorde.

Agora que hai 80 anos do seu finamento:

Saúde para Pessoa !