Fernando
Pessoa é considerado, ao lado de Luís de Camões, o maior poeta da lingua
portuguesa e moitos pensan que a súa obra
é o legado da lingua portuguesa ao mundo.
Fernando Pessoa naceu en Lisboa,
en xuño de 1888.
Os cinco anos quedase orfo e os
sete por motivos familiares vaise a
vivir para Durban (Sudáfrica). Lonxe da
súa querida Lisboa empeza as escribir en
inglés.
Volta a Lisboa para seguir cós
seus estudos, pero enmeigado póla cidade
deixa a súa formación académica e mesmo
rexeita unha importante beca que o faría
marcharse a Londres.
Comeza a súa vida de poeta e
escritor de xeito intensivo o tempo que traballa como tradutor de cartas
comerciais nunha empresa de importacións e exportacións. Lisboa pasa a ser o
seu único mundo e rola polos bares da capital lusa tanto como cambia de
domicilio, polo menos en vinte casas de aluguer ten vivido e escrito.
Os seus poemas mais coñecidos
foron asinados por el e mais polos
heterónimos Álvaro de Campos, Ricardo Reis e Alberto Caeiro, alén de un
semi-heterónimo, Bernardo Soares, que seria o propio Pessoa. Todos eles foron
personaxes completos, con biografías propias e estilos literarios dispares:
Álvaro de Campos, por exemplo, era un enxeñeiro portugués con educación inglesa
, Ricardo Reis era un médico con un gran interese pola cultura latina e Alberto Caeiro, o que
considera o seu mestre, apenas ten a Primaria e sobre todo unha posición crítica sobre os intelectuais e unha
reivindicación da simplicidade.
Aparte dos sinalados, coñécenselle mais de cento vinte nomes distintos
utilizados para escribir e incluso para vivir. Son varias as anécdotas onde el
mesmo atribúe feitos reais os seus personaxes inventados e sérvese de eles para
a vida social.
O gran amor da súa vida foi Ophelia
Queiroz a que coñece na empresa na
que traballaban os dous, ela empregada
como mecanografa . Trátase dun amor intenso vivido en dúas etapas, unha cando el tiña 31 anos e a outra cando xa con 40 anos estaba afectado por serios problemas co alcohol.
Cando sae a rúa Mensagem , único libro publicado en vida,
tense a sospeita de que se acercou a casa de Ophelia e sen deixar que ela aparecese
deixoulle un exemplar adicado.
Aparte de ese libro so viron a
luz diversos artigos e poemas insertos en revistas e xornais, pero deixou un baúl cheo de escritos nos que
estaban decenas de libros, incluíndo o Livro
do desassossego, e aínda hoxe están pendentes de clasificar e publicar algúns deles.
E curiosa a anécdota na que fala
do seu día triunfal e considera como tal o 8 de marzo de 1914 cando se acercou
a unha cómoda, colle papel e empeza a escribir
de pé nunha especie de éxtase. Sen parar remata dous libros capitais na súa
obra: O guardador de rebanhos e Chuva oblícua.
Tiña 47 anos
cando ingresa no hospital e os poucos días morre debido a un bloqueo intestinal
provocado por problemas hepáticos. A súa última frase foi escrita na cama do
hospital, en inglés, con data do 29 de
Novembro de 1935:
”I know not what
tomorrow will bring”
(Não sei o que o amanhã trará).
Hoxendía é un dos protagonistas da vida lisboeta pois son
moitas as celebracións da súa vida e obra que se propoñen de cotío: monumentos,
grafismos, roteiros, premios, souvenires,
…. Pouca xente sairá da capital portuguesa sen portar algo que o recorde.
Agora que hai 80 anos do seu finamento:
Saúde para Pessoa !
Ningún comentario:
Publicar un comentario