20/1/15

Exposición "lugares para soñar"


 
Entre o 12 e o 19 de decembro puidemos visitar na biblioteca do noso centro a exposición de Xeografía “Lugares para soñar”.  
Vastos desertos, illas tropicais de brancas e finas areas, espectaculares fervenzas ou fermosos volcáns,  foron algunhas das paisaxes que forman parte dos soños dos rapaces e rapazas de 1º de ESO. 
Unha actividade que nos fixo descubrir lonxanos lugares sen saír da aula, lembrandonos que  a Xeografía non é aburrida.

 


 

No hay comentarios: