Entre o 12 e o 19 de decembro
puidemos visitar na biblioteca do noso centro a exposición de Xeografía “Lugares
para soñar”.
Vastos desertos, illas tropicais de
brancas e finas areas, espectaculares fervenzas ou fermosos volcáns, foron algunhas das paisaxes que forman parte
dos soños dos rapaces e rapazas de 1º de ESO.
Unha actividade que nos fixo
descubrir lonxanos lugares sen saír da aula, lembrandonos que a Xeografía non é aburrida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario