Esta semana, do 19 a 23 de xaneiro, podemos contemplar na
biblioteca os herbarios realizados polos alumnos e alumnas de 1º ESO para a
materia de CCSS- Xeografía e Hª.
Durante as vacacións de Nadal aqueles que estiveron en
contacto coa natureza, recolleron especies propias da vexetación atlántica
galega. Follas de carballo, castiñeiro, limoeiro, loureiro, camelias e toxos entre outras, componen estes fermosos herbarios.
Rosalía de Castro evoca a natureza de Galicia proxectando
nela os seus estados de ánimo:
No ceo, azul crarísimo
no chan, verdor
intenso;
no fondo da alma miña,
todo sombriso e negro
(…)
Cubertos de verdura
brilan os campos
frescos,
mentras que a fel amarga
rebosa no meu peito.
Follas Novas
Ningún comentario:
Publicar un comentario