Que música elixir para un momento tan especial? Pois a mín se me ocurren moitas. Hai tantas músicas na biblioteca das que non falei e tantas músicas que podería escoller que estou pensando en, se o mundo se fose a acabar en dez minutos, que obra de arte salvaría?.
No meu caso, hai tres pezas na biblioteca que eu escollería. Non importa a orde, e supoño que a escolla podería ter sido outra mais. Se non están todas as que son, si son todas as que están.
Por un lado eu escollería a Novena... a Novena de Beethoven (necesita do seu "apelido"?) Por desgracia non temos a mellor grabación, a de Furtwängler en Bayreuth en 1951 (a duración de esta grabación foi a que determinaría a duración dos soportes de CD nos anos oitenta, está enteira no youtube) o icono da mesma. Pero si hai unha mostra de esta peza a cal hai ben pouco tempo adicóuselle unha película enteira á súa construcción (Copying Beethoven, pódese ver enteira en youtube). Esta obra é destas cousas que, canto máis te adentras nelas, máis pracer obtés delas.
Cando Beethoven "construíu" esta obra pensaba facer dúas sinfonías, unha por un encargo que viña desde Londres e outra na que metería un coro. Era a súa obsesión, poder meter un coro con orquestra, algo inaudito. Algo que xa pensara cando compuxera a Sinfonía nº 3, a "Heroica", a que en realidade estaba dedicada a Napoleón, pero que cando este coroouse emperador, Beethoven, furiosamente tachou o verdadeiro nome da terceira sinfonía "Buonaparte" para ponerlle o de "Heroica"... pero isto non ven ao caso. O que ven ao caso é que Beethoven era un idealista, creía nunha humanidade en paz onde todo ser humano podería ser igual e onde todo podería entrar. Namorouse dun mediocre poema de Schiller, cargado de significado para Beethoven, e construíu para este poema un coro no cuarto movemento. Agora esta sección do cuarto movimento é o Himno da UE. Beethoven estaría encantado (supoño eu) de que sexa un himno que predica a unión dos países e a colaboración entre "irmáns".
Na biblioteca hai varias versións desta peza, unha pola Zagreb Philarmonic, outra pola Orquesta philarmonia e outra pola Pregue Festival Choir and Orchestra. Pero é irrelevante. O que é relevante é que se escoite, que collamos e cedamos un espazo da nosa vida para a Novena.
Por outro lado escollería o Requiem de Mozart. Esta obra si precisa do seu "creador" detrás do nome porque tamén hai, na historia da música outros requiems fantásticos e moi coñecidos (como o de Ligeti ou o de Verdi). Tamén o atoparedes na Biblioteca... e en moitas ocasións poderedes escoitar esta obra en concerto. Non o dubidedes nunca porque é unha experiencia máxica.
A última obra que eu (eu, eu, eu) escollería sería a Sinfonía Fantástica de Berlioz. Na biblioteca hai unha "fantástica" versión de Kubelik. Nesta peza fálase por primeira vez da "Idee fixe", da idea fixa que obsesiona a un autor, para que nos entendamos... unha melodía coa cal identificamos (e que logo daría lugar ao leitmotiv) sen querer a alguén... neste caso á vida dun namorado. Porque esta sinfonía ten unha historia, a historia dun home que acaba morrendo na guillotina e da súa volta á vida cunha misa de defuntos... Esta obra ten unha claridade tímbrica incríble, está chea de citas, está chea de romanticismo, xa que Berlioz estábase a declarar a súa amada na vida real. Esta obra é a miña terceira recomendación. Pero non só miña, a web está plagada de versións e de explicacións desta obra, para quen queira, sobre todo este gran blog astur.
E nada mais, creo, simplemente dicir que espero encontrarvos en moitos concertos... e darvos as grazas por un ano fantástico.
Ningún comentario:
Publicar un comentario