26/11/07

La invención de Hugo


Brian Selznick. La Invención de Hugo. SM, 2007


Unha estación, os anos trinta en París, dous orfos, un reloxeiro, un autómata, un mago metido a creador de cine mudo, unha librería, unha tenda de xoguetes, unha chave, un rapaz cun parche no ollo dereito e unha lúa debuxada cun foguete no mesmo ollo… Nese mecanismo-atmosfera que recorda a certos contos de Hoffmann, o autor fai deambular aos personaxes nunha historia de misterio e suspense durante unhas cincocentas páxinas… das que a metade son ilustracións ¡do propio autor! Velaí en realidade a auténtica protagonista do libro: a mestura de varios medios de expresión dentro dunha soa obra: novela, ilustración, cómic e cine mudo debuxado. Os debuxos non ilustran/complementan o relato: forman parte del, en pé de igualdade co texto escrito (nun coñecido diario a reseña deste libro foi publicada na sección de banda deseñada e escrita por un famoso novelista) Recorda, nesto, a outros autores que traballaron neste intento: Gorey, Buzzatti…

Correspóndete a ti averiguar se tal intento está realmente logrado, e se a trama resiste ata o final sen sairse as pezas….

(Atención ás páxinas do apéndice: hai unha páxina web onde podes ver que o aparentemente máis fantástico da historia, o autómata, é o máis real… e ben antigo)

3 comentarios:

Lengua y literatura castellana dijo...

Una recomendación muy interesante. Novela negra en formato de cómic.

blanca dijo...

¿lo tenéis en la bilbio? Me apunto en la lista de espera de préstamos.

Biblioafonso dijo...

Resposta, un tanto tarde, a verdade, a "Lengua y literatura...": Gracias polo comentario, pero lamemto non estar de acordo en todo: Non creo sexa novela negra (talvez "policíaca" ou de intriga, ou "suspense"). Tampouco é en formato de cómic, creo. Aí está o interese da obra: en que é híbrida porque así o quere o seu autor. As ilustracións non son alleas ao cómic, pero non o son. Incluso o cine mudo está presente nelas. (Tampouco é que isto sexa invención deste autor: probablemente é máis antigo que andar a gatiñas).
Pero moitas gracias, outra vez, polo comentario. E tamén a Blanca.
Un saúdo.