27/05/24
Os clubs de lectura na ExpOtaku 2024
22/05/24
Celebrando as nosas letras
SEMANA DAS NOSAS LETRAS
Con motivo do día das Letras Galegas, no noso centro celebramos a nosa cultura durante toda a semana por todo o alto, realizando multitude de actividades desde diferentes departamentos coordinados por Normalización Lingüísitica.
Na biblioteca, desde o primeiro día de maio organizamos a exsposición Que veñen as letras!, un calendario no que cada día dabamos a coñecer libros da nosa literatura que están no catálogo para que puideras levalos para casa e desfrutar deles.
Os alumnos de 1º ESO na biblioteca puideron dar os seu primeiros pasos como escritores grazas ao obradoiro de escrita creativa que lles impartiu Alberto Barreiro na biblioteca.
O noso alumnado de 4º ESO tivo un encontro moi enriquecedor co escritor Marcos Calveiro no que analizaron a súa obra Curros & Holmes.
Tamén tivemos o privilexio de asistir a un concerto do grupo QFB no noso salón de actos. Así a rapazada de 4º ESO descubriu que existen bandas que mesturan sons da música tradicional galega con bases de rock, rap e hip-hop.
Ademais o alumnado de 2º ESO participou no Correlingua no que intercambiaron experiencias con outros centros educativos durante a andaina por A Coruña.
O broche de ouro á semana das letras foi a celebración da IV edición do Festival das letras, que organizou o alumnado de 4ºESO coordinados polo Departamento de Lingua Galega e Literatura. Canto talento teñe a nosa rapazada.
13/05/24
XXV aniversario do IES Afonso X o Sabio
XXV ANIVERSARIO DO NOSO CENTRO
Este fin de semana tivo lugar o XXV aniversario do noso instituto. Para iso, preparamos unha selección de exposicións das diferentes actividades que se levan a cabo na biblioteca
- Os clubs len... onde aparece unha selección das obras lidas este ano nos diferentes clubs de lectura que se coordinan desde a biblioteca: manga, literatura comparada, matemático, xadrez, ecleéctico, LGTBIQ+...
- Que veñen as letras, onde aparece a escolma bibliográfica que se está a realizar para celebrar o día das Letras Galegas.
- Homenaxe a Akira Toriyama, recollendo unha escolma das creacións que fixeron os nosos alumnos para celebrar o día do cómic en marzo.
- Viaxar é unha aventura
Durante o sábado, realizamos obradoiros de escritura incluído no programa Lectura e familias para facerlles partícipes do proxecto "a historia da escritura" e así que experimentaran de primeira man o que é a escritura en pergamino, papiro e arcilla
Ademais, queriamos que se levaren un recordo e puideorn elaborar diferentes marcapáxinas.
Tamén, preparamos unha selección de lecturas para desfrutar en familia nunha nova ubicación do recuncho familiar.
06/05/24
XXV aniversario
FESTEXAMOS O NOSO XXV ANIVERSARIO
Todas as familias e a rapazada estades invitados a celebrar por todo o alto con nós o XXV aniversario do noso instituto. Para iso, temos preparado un fin de semana moi completo con actividades, obradoiros e exposicións de todo tipo.