27/11/23

25N Non á violencia machista

25N: contra a violencia machista 

           

      Con motivo do día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, o alumnado de 2º ESO e 3º ESO estivo traballando na biblioteca no proxecto do departamento de Lingua Castelá Fai visible o invisible. Para iso, buscaron e analizaron situacións da vida cotidiá e expresións da nosa linguaxe que se empregan sen darse conta de que son actitudes ou expresión machistas que temos que facer desaparecer.

      O resultado deste labor crítico materiolizouse nunha exposición que podedes visitar na entrada da biblioteca. Tamén podedes entrar a coller os trípticos informativos sobre a violencia machista que elaboramos para solventar calquera dúbida que teñades sobre este tema


      Ademais, desde a biblioteca fixemos unha escolma de lecturas que abordan esta temática para que podades darvos conta de que a violencia sobre as mulleres é algo que acontece máis do que pensamos


      
      Ademais, no recreo toda a comunidade educativa deixou clara a súa postura ao xuntarse no vestíbulo para dicir ben alto non á violencia


20/11/23

Semana da ciencia en galego: recreos científicos

RECREOS CIENTÍFICOS

      Este ano a celebración do mes da ciencia en galego trasladouse ao vestíbilo do centro para que toda a comunidade educativa puidese achegarse dun xeito lúdico á ciencia empregando a nosa lingua. Para iso, os departamentos de ciencias coa colaboración do equipo de Normalización lingüística plantexaron unha serie de retos que tiveron unha gran acollida tanto entre a rapazada como entre o profesorado.



























15/11/23

concurso fotográfico 25N e preparativos 25N

 CONCURSO IMAXES POLA IGUALDADE

       Desde a biblioteca, convocamos a terceira edición do concurso Imaxes pola igualdade para poder loitar contra a violencia machista e promover unha sociedade sen desigualdades. 

         Neste concurso fotográfico, tedes que crear as composicións orixinais nas que:

  • denunciedes a violencia contra as compañeiras ou as mulleres en xeral.
  • mostredes a igualdade de xéneros á que temos que aspirar.
        Todos os que querades participar e aspirar aos premios tedes que enviar as vosas fotografías ao correo da biblioteca, indicando nome, apelidos e curso:



     Ademais, coa gran axuda dos nosos voluntaroios, estamos a preparar a exposición Fai visible o invisible e unha mostra bibliográfica de lecturas para concienciar na necesidade de erradicar as actitudes machistas en calquera plano da sociedade.



08/11/23

Club de xadrez

 CLUB DE XADREZ

     
      Xa está en marcha o noso club de xadrez que lerá e poñerá en práctica todas as xogadas que veñen nestes libros. Se che apetece, ainda estás a tempo de formar parte do club. Pásate pola biblioteca os mércores no segundo recreo.


06/11/23

Celebra o mes da ciencia en galego

 MES DA CIENCIA EN GALEGO  

      A vindeira semana comezaremos con actividades no centro para celebrar o mes da ciencia en galego. Para ir abrindo boca, xa temos montado o panel con suxestións científicas na entrada da biblioteca.

Ademais, podedes consultar a lista de recomendacións científicas que se recollen no catálogo online da biblioteca.

    Comezaremos o próximo luns cos retos científicos plantexados polo equipo de Normalización Lingüística e o equipo de Polos creativos. Animádevos a participar e conseguir a vosa chapa

     


02/11/23

Samaín 2023

 SAMAÍN 2023

     Este ano puidemos achegarnos ao medo e as tradicións do Samaín ao longo de todo o centro. 
     Como todos os anos, apareceu no vestíbulo do centro o Camposanto no que se colocaron todas as lápidas que participaron no concurso organizado polo equipo de Normalización Lingüística, que tivo gran acollida. Así puidemos visitar as tumbas de Cupido, Halloween, Marie Curie, Rosalía de Castro ou Otero Pedrayo entre outras moitas



       Tamén, volveu a percorrer a Santa Compaña as clases e os corredores do noso centro en busca de almas perdidas que foran con ela ata o Alén. 


        Non obstante, este ano estivo presente a música coa actuación do coro da Santa Compaña no salón de actos de centro:


       Ademais, dinamización Lingüística e o departamento de Lingua galega organizaron a terceira edición de portas terroríficas. O alumnado de 1º e 2º da ESO decoraron as portas das súas clases con lendas galegas tradicionais como o home peixe, Maricastaña, a tía Xoanoa ou Santa Compaña:


       Os clubs de literatura comparada de Secundaria e Bacharelato reuníronse na biblioteca para pasar moito medo con lecturas como Demeter ou os contos de Edgar Alan Poe e curtametraxes como Alexia ou La bolsa



      O alumnado de diferentes clubs de lectura gravaron podcast terroríficos que se puideron escoitar nos recreos na biblioteca e que agora tamén podedes escoitar vós en familia:
      Se queredes continuar co Samaín pola vosa conta, ademais das lecturas que vos propoñemos, podedes consultar no noso catálogo a lista recomendacións terroríficas.