13/4/08

XVII Premios Irmandade do Libro


O domingo 13 de abril, xa de madrugada, foron dados a coñecer os XVII Premios Irmandade do Libro da Federación de Libreiros de Galicia nas categorías convocadas (autor, libro, traxectoria, libraría...) no Club Náutico de Sanxenxo. A biblioteca “O Bosque Animado” estivo presente no emotivo acto.


Con presenza de todo o gremio de libreiros galegos e tamén da Xunta Directica de CEGAL foi feito público o premio que máis nos interesa: a mellor campaña de lectura dun centro educativo. O premiado resultou ser o IES de Sanxenxo pola altísimo grao de implicación de toda a comunidade escolar coa lectura (parabéns para Loli Tobio e todo o Equipo da Biblioteca). Tamén foron outorgados dous accésit ao CEIP Emilia Pardo Bazón e ao IES Álvaro Cunqueiro, ámbolos dous de Vigo. Tamén parabéns.




Previamente a este acto poidemos disfrutar das actuacións de Carmen Dor e Cándido Pazó, nun día extraordinariamente ben organizado por Xaime Corral presidente do libreiros e libreiras galegas.

3 comentarios:

loli dijo...

Grazas, Toño por estar ai e facer visible este premio, extensible a todas as bibliotecas escolares de Galicia que están a facer que a lectura e os libros estean presentes no día a día dos nosos alumnos.

Loli. Ies Sanxenxo

Biblioafonso dijo...

Parabéns para ti, Loli e para todo o IES de Sanxenxo por este merecido premio

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.