25/09/08

II Encontros de Bibliotecas escolares de Galicia

Nos vindeiros días 17 e 18 de outubro a biblioteca "O bosque animado" estará presente nos II Encontros de Bibliotecas Escoalres de Galicia" compartindo e aprendendo doutras biblioteca escolares. Encargáronnos que falásemos da nosa experiencia á hora de producir materiais desde a biblioteca. Alí nos veremos.



06/09/08

Daniel Pennac en El País


Octavi Martí publica hoxe en El País unha longa entrevista con Daniel Pennac. Aquí tedes o último parágrafo:


Entre as satisfaccións inesperadas do autor Pennac está a acollida que mereceu Como unha novela (Xerais), un ensaio sobre a natureza da lectura, sobre o pracer que proporciona e como este non pode ser obrigatorio. "Cada curso atopábame con algún alumno que me preguntaba, o primeiro día de clase, se ía ser obrigatorio ler. Cando che preguntan iso estanche dicindo outra cousa: non se trata de que non lles guste ler, o que non lles gusta é que a continuación lles preguntes, que lles poñas en evidencia en clase, aparecer ante os ollos dos demais e os propios como un imbécil. ¡Todo iso non ten nada que ver coa lectura! ¡As preguntas non son a lectura! Desde fai décadas esa situación vén repetíndose e o Ministerio de Educación Nacional persiste nunha técnica que se revelou nefasta, polo menos para unha porcentaxe importante de alumnos. Eu líalles en clase fragmentos, afacíalles a descubrir a maxia do sentido. Ao final pedíanme os libros para poder acabalos, para saber como terminaba o que eu lles comezou". Pero se a idea xeral é boa para todos, a receita necesita de fórmulas de aplicacións personalizadas. Os rapaces non chegan á escola en igualdade de condicións. Por iso Pennac recorda o seu caso e o doutros moitos que lle fixeron ser feliz como profesor. Que aínda hoxe fan que vaia a miúdo aos institutos e colexios para falar cos alumnos. "O mellor é que moitos deles, que falan un francés cheo de tacos, repróchanme que nas miñas novelas tamén os haxa. ¡Para eles a literatura, a letra impresa, é sacra e non merece ser contaminada por vulgaridades!".