12/5/09

Mario Pereira no Club de Lectura


Como unha actividade que serviu para poñer, case, remate ao Club de Lectura de 1º da ESO (o alumnado insiste en non dalo por rematado e continuar lendo algún libro máis) esta semana visitounos Mario Pereira autor de “Contos para Manuela

Desenvolvemos a actividade na biblioteca, onde senón?, nun ambiente relaxado e tranquilo polo autor, frenético e nervioso polo alumnado. Comezou Mario léndonos un conto para logo facilitarnos algunhas claves interpretativas. De feito ao alumnado iso de buscar claves interpretativas encántalles, atopando moitísimas respostas a calquera pregunta do escritor.

Posteriormente Mario Pereira tivo a ben facerlles sentir moi protagonistas aos rapaces e ás rapaces posto que lles pediu que leran os seus propios finais para algún dos contos do libro. Sempre atopou palabras de alento para cada un deles, sempre atopou argumentos positivos para cada un dos novos finais propostos, por moi breves ou extensos que foran.

Finalmente agasallounos cun novo conto aínda non publicado (canto pode dar de si ese animal tan contista como é o lobo). Foi toda unha marabillosa lectura dramatizada onde interviron algunhas das características dos seus contos: os animais e o sentido do humor. Unha magnífica experiencia. E para sopresa, no remate, fíxonos outro agasallo: o seu libro "Velaí vai o verme" adicado á Biblioteca "O bosque animado"


Moitas grazas Mario

4 comentarios:

A Marela Tarabela dijo...

Pues a ver si se anima a hacernos por aquí una de esas visitas estelares...XD Enhorabuena por ese club de lectura y por ese interés por la buena literatura.

Ronsel dijo...

E conseguir levalo tan lonxe... a cabalo? Sodes seres moi, moi especiais...

Loly dijo...

Un magnífico "Encontro" cun marabilloso autor que fai da lectura un placer e da escrita unha fermosa fantasía.
Parabéns!!

Anónimo dijo...

me gustou moito por q foi moi divertido
biennnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnn.