27/06/25

BO VERÁN

 BO VERÁN!

Desexamos a toda a nosa comunidade educativa que teña un bo verán. Como resultado do noso proxecto inicial, reubicamos certos fondos (especialmente o Manga) e a ludoteca; e ademais creamos tres novos centros de interese: aprendizaxe de idiomas para todos o material de Seccións Bilingües, STEMBach, e Saúde e benestar a partir do traballo iniciado co Programa de Lectura e Familias. Queda pendente un centro de interese de Lectura Fácil. Esperamos que grazas a eles descubrades novas lecturas.


Por último, dentro doutro proxecto no que traballamos tempo atrás, definitivamente temos un logo que represente á nosa biblioteca: unha árbore de vida e de cultura. Grazas ao Departamento de Debuxo por facelo realidade.



20/06/25

CLAUSURA DO CLUB DE LECTURA

 ATA O CURSO QUE VÉN

Esta semana despedímonos dos nosos clubes de lectura. Por unha banda, lembrando todas as lecturas deste ano. Por outra, con actividades varias.


No caso do club de adult@s, a nosa última tarde e martes merendamos unha deliciosa tarta de Alucinarte tartas, que representaba a nosa biblioteca e a temática predominante dos premios Nobel de Literatura.



Para o resto de grupos, a media mañá do último día de  clase disfrutamos dunha experiencia scape room grazas á empresa Clue Hunter. O  grupo gañador resolveu o reto 7 minutos antes de esgotar o tempo!







16/06/25

SUXESTIÓNS LECTORAS DE VERÁN

 LECTURAS PARA O VERÁN

Estas son as nosas suxestións lectores para este verán. Na súa maior parte son as últimas adquisicións conseguidas grazas aos fondos PLAMBE e Club de Lectura. Aproveitade a facer os vosos empréstamos antes do 30 de xullo.





13/06/25

1, 2, 3... o IES Afonso X O sabio a escena

Unha obra teatral escrita, protagonizada e gravada polo propio alumnado da materia de proxecto competencial de 4ESO.

Buscaron profundizar en temas habituais na adolescencia: o bullying, a identidade de xénero...

A ligazón para poder ver o video que crearon será visible na última semana de curso cando se proxecte a todo o alumnado.

Grazas por colaborar coas iniciativas da nosa biblioteca.


09/06/25

Lectura e familias: roteiro

Dentro do programa de Lectura e Familias voltamos ás rúas. Nesta ocasión realizamos un roteiro polo centro da Coruña sobre a súa prosperidade económica en torno aos séculos XIX e XX. Loxicamente, o nome de Emilia Pardo Bazán e a súa obra A Tribuna mencionouse en repetidas ocasións.

A nosa visita comezou na Plaza de Lugo, onde se atopa o primeiro edificio da cidade que tivo ascensor. Continuou polo que, anteriormente, fora o Banco da Coruña e despois o Banco Pastor. Máis adiante visitamos os Xardíns para lembrar a arquitectura modernista que dominaba a zona e a entrada ao porto para falar da súa lonxa e das súas tradicións. Para rematar, o edificio da antiga fábrica de tabacos.