
A data crucial achégase. Cando cumpra dezasete anos, Harry perderá o encantamento protector que o mantén a salvo. O anunciado enfrontamento a morte con lord Voldemort é inminente, e a case imposible misión de atopar e destruír os restantes Horrocruxes máis urxente que nunca. Chegou a hora final, o momento de tomar as decisións máis difíciles. Harry debe abandonar a calidez e seguridade do Tobo para seguir sen medo nin vacilacións o inexorable carreiro trazado para el. Consciente do moito que está en xogo, só dentro de se mesmo atopará a forza necesaria que o impulse na vertixinosa carreira para enfrontarse co seu destino.
Este libro xa está a túa disposición na biblioteca "O bosque animado"