30/04/08
Abril, mes do libro (VI): Exposición de naves espaciais
29/04/08
Abril, mes do libro (V): O cine e a ciencia ficción
Entre os autores, a primeira é Mary Shelley, que inicia o xénero co seu Frankenstein. Séguena Julio Verne e George Wells, como pioneiros dun xénero que logo cultivarán clásicos como Aldous Huxley (Un mundo feliz), Ray Bradbury (Fahrenheit 451) e George Orwel (1984).
Entre os directores, o inevitable Georges Méliès, autor da primeira película de ciencia ficción, El viaje a la luna (1902). Fritz Lang, o gran clásico, aportou ao xénero dúas obras maestras: Metrópolis(1926) e La mujer en la luna (1929). Jack Arnold ten o seu espacio como creador de películas como El increíble hombre menguante e Tarántula.
Interesámonos por Stanley Kubrick, pola súa 2001, odisea del espacio, tamén por Ridley Scott e as súas obras Alien (1979) e Blade Runer (1982). Non podemos esquencer a Steven Spielberg, creador de Encuentros en la tercera fase (1977) e o entrañable E.T., el extraterrestre (1982).
Lembramos a saga de Star Wars, e prestamos unha certa atención a películas dos anos 50: Ultimátum a la tierra, de Robert Wise (1951), Cuando los mundos chocan, de Rudolf Mate (1951), La invasión de los ladrones de cuerpos, de Don Sieguel (1956), Planeta prohibido, de Fred M. Wilcox (1956), entre outras.
Para terminar, dous guiños: Un, ao recentemente falecido Charlton Heston, protagonista daquel Planeta de los simios, de F.J. Schaffner (1968). Outro, ao pintor José Ramón Sánchez, que ten adicada gran parte da súa producción ao cine, e tamén ao apartado que hoxe nos ocupa.
O Departamento de Lingua castelá e Literatura edita, por terceiro ano consecutivo, un periódico, con ocasión do día do libro. Este ano, o tema é a Ciencia ficción. Os grupos de 3º ESO-C e 3º ESO-D colaboraron coa súa profesora na edición do mesmo.
28/04/08
Abril, mes do libro (IV): Exposición "Tolkien ilustrado"

25/04/08
Abril, mes do libro (III): o cine de ciencia ficción na biblioteca
Dentro do conxunto de actividades relacionada con ABRIL, MES DO LIBRO, a biblioteca organizou unha exposición sobre “O cine e a ciencia ficción” onde se amosaban diversos aspectos da películas que forman parte da colección audiovisual de “O bosque animado”.
Ademais foron proxectadas as películas “Blade Runer” para 3º e 4º da ESO e “Viaje alucinante” para o alumnado de 1º e 2º da ESO no salón de actos en pantalla grande. Como complemento a estas dúas películas, entregábase un pequeño dossier documental con referencias ao argumento, críticas, comentarios e anécdotas de cada unha delas que podedes ver a continuación.
A resposta dos rapaces e das rapazas, sen chegar a ser sorprendente, foi de gran interese pola actividade a pesar de que as consideraron de difícil comprensión, o que nos leva a pensar en realizar reforzos temáticos antes de calquena novo visionado de filmes.
24/04/08
Abril, mes do libro (II): banda deseñada realizada polo alumnado
23/04/08
Abril, mes do libro (I): novo punto de lectura
É un xeito máis de achegar os libros, a bibliteca, á comunidade educativa. Agardamos que esta iniciativa sexa de interese dos destinatarios e das destinatarias.
17/04/08
Curtametraxe sobre a promoción lectora

14/04/08
Roteiro polas Bibliotecas Escolares (IV)
E chegou a data sinalada, Mércores 12 de Marzo. Levábamos moito tempo esperando esta visita. Marina tiña moitas ganas de que fóramos, pero penso que nós aínda tíñamos máis.
Marina chegou á hora fixada, e despois dos bicos e abrazos (esta muller faise querer e de que xeito!!) fumos comer. A comida e a conversa tan agradable fixeron que o tempo pasara boando. Rematamos cun café de pota magnífico e saímos para o cole.
No IES de Arzúa a biblioteca escolar está moi presente. Nada máis entrar, os carteis que nos dirixen a ela enchen as paredes. No noso camiño cara á biblioteca pasamos diante da Sala de Profesorado onde fixemos a nosa primeira parada. Ali coñecimos a Catalina unha das principais protagonistas da dinamización desta biblioteca. Casualmente estaba sentada nun dos puntos de lectura que hai espallados polo instituto. (Xa vos contamos que a biblioteca faise ver por todo o centro!!) Este é moi especial, e a decir polas artífices de tal marabilla, ademais de ser moi frecuentado polos profes, os libros que alí expoñen son moi solicitados por este grupo de usuarios. (Xa tomamos boa nota e pensamos poñelo en práctica, será unha das nosas novidades do vindeiro curso!!). Tamén coñecimos a Oki. Cantas gañas tiñamos de poñer cara a esta fenomenal blogueira!!
E continuamos o noso camiño.
Vaia entrada máis espectacular ten esta biblioteca!! Á súa porta atopamos unha zona de informática e diferentes exposicións coas novidades e suxestións de lectura, cine e música. Realmente se respira o aire da biblioteca por todas partes.
Entramos na Biblioteca e Marina ensinounos todos e cada un dos seus recunchos e detalles. A zona de rexistro e a de informática, fantásticas, o libro do mes, nesta ocasión é Persépolis, un dos cómics de culto, a caixa das suxestións, a zona da audiovisuais e a Sala Mondrián da que xa nos fixera chegar varias fotos a través de BiblioArzúa. Pero aquí non acaba todo, esta biblioteca tamén ten un pequeno almacén e incluso un baño. Vamos, que non lle falta detalle algún. Unha biblioteca onde a cor é unha das súas características predominantes, pero sobre todo o que máis se respira alí é a paixón que estas tres mulleres poñen no traballo que fan.
Parabéns Marina polo bo facer e por conseguir da vosa biblioteca escolar, esa biblioteca que ti sintes como algo teu, un verdadeiro punto de encontro!!!
E chegou a hora de írmonos, pero non sen antes asinar no seu Libro de Ouro. Meu Deus, que honor!!
Máis non nos podíamos marchar de Arzúa sen admirar a outra paixón da nosa anfitriona. As súas plantas e xardíns. Realmente preciosos!
Marina, foi un verdadeiro placer compartir este día contigo. Ata sempre e por sempre!!!
*Se queredes ler os pés das fotos, só tedes que picar no "bocadillo" do lateral inferior esquerdo.
Outros Roteiros
Tamén nos outros GBI Blogues
13/04/08
XVII Premios Irmandade do Libro

Previamente a este acto poidemos disfrutar das actuacións de Carmen Dor e Cándido Pazó, nun día extraordinariamente ben organizado por Xaime Corral presidente do libreiros e libreiras galegas.