Nesta
3ª avaliación os alumnos de 1º da ESO quixemos FACER Historia!.
Nada
de aburridas explicacións sobre a antigüidade clásica, decidimos TRABALLAR por
proxectos.
Sendo
o noso obxectivo estudar os contidos relativos á historia de Grecia e Roma,
puxémonos a ler sobre as cuestións que máis nos interesaban do mundo clásico.
Unha vez escollidos os temas comezamos a ELABORAR o noso traballo (ben de forma
individual ou por parellas).
Un
proxecto libre e creativo que consistiu, por un lado, en elixir calquera
acontecemento da historia antiga (político, económico ou social) ou produción
material (artística e/ou funcional) e RECONSTRUÍR eses fragmentos para darlle
vida á Historia que esconden, como se fósemos verdadeiros/as historiadores ou
arqueólogos. Así naceron as nosas maquetas e dioramas, cascos gregos e romanos,
vasos cerámicos, xogos de mesa, noticiarios, reportaxes históricas e, incluso,
improvisacións rapeiras.
Por
outro lado, tivemos que documentar -en audio e vídeo- todo o proceso de
elaboración dos nosos proxectos e explicar o como e o porqué do que estabamos a
facer na aula e o significado e/ou funcións deses obxectos do pasado. E o
mellor e que puidemos sacar o móbiles, gravar cos nosos ordenadores e APRENDER
novos recursos!.
Por
último, completamos as actividades facendo unha exposición na aula para
EXPLICAR, aos nosos “expertos” compañeiros, os resultados máis salientables no
nosos traballo. Finalmente, puidemos expor tamén algúns deles na biblioteca do
centro.
Esperamos
que vos gusten!
Asinado: S.P.Q.R.
“Gustoume a idea de facer os traballos,
porque é unha maneira de aprender e atender ao contido
máis entretida”
(Isabel Fernández,
1º ESO E)
“Eu creo que é mellor facer traballos porque nos gusta
máis, e creo que si algo nos gusta o aprendemos mellor. Tamén me pareceu moi
interesante, e ademais ao expoñelo aprendemos máis dos demais traballos”
(Yaiza Carballeira,
1º ESO C)
“Facer o proxecto
é mellor porque é máis divertido e... saca o lado creativo de cada persoa”
(Valeria
Santiago, 1º ESO D)
Ningún comentario:
Publicar un comentario