12/11/19

Lugares para soñar


Ata o día 15 de novembro podedes visitar na biblioteca do noso centro a  exposición “Lugares para soñar”.

Está composta polos traballos sobre as formas de relevo, o clima e a vexetación, aspectos estudados na materia de Xeografía de 1º e 2º ESO.

Escarpados cantís onde bate o mar,  cumios xeados das grandes cordilleiras do planeta, extensións de fina area dourada, densas selvas das que xorden xigantescas pirámides feitas polo home, illas paradisíacas, xeos en paraxes silenciosos... Son, todas elas,  fermosas paisaxes que xa formarán parte dos vosos soños.


No hay comentarios: