08/11/19

Samaín 2019



Hoxe o medo chegou á biblioteca para rematar a celebración do Samaín coa entrega de premios dos dous concursos propostos na ESO.


Antes de desvelar as premiadas Xabier Docampo prestounos o seu EU TEÑO MEDO... para poñernos en situación. Despois fixemos entrega dos premios á PORTA MÁIS TERRORÍFICA, a clase afortunada foi 2ºA, parabéns!!!!! Esta elección vén dada polo medo que daba a porta, pola incorporación de elementos tradicionais como o urco e da fantástica posta en escena acorde coa porta. 







Como os traballos eran terrorificamente magníficos decidimos, por unanimidade, conceder un accésit a 2º B.





A continuación desvelouse o primeiro premio do concurso de RELATOS DE MEDO de 3º e 4º da ESO. A afortunada foi Lena Fachal Alonso de 4ºA. Parabéns!!!



Grazas pola vosa participación, polo entusiasmo e polo esforzo. Vémonos no próximo Samaín!!!!

Ningún comentario: