30/11/22
Mes da ciencia en galego: recreos científicos
25/11/22
25 novembro: día contra a violencia machista
Con motivo do día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, desde a biblioteca fixemos unha escolma de lecturas que abordan esta temática para que podades darvos de conta que a violencia sobre as mulleres é algo que acontece máis do que pensamos:
15/11/22
concurso fotográfico 25N
CONCURSO IMAXES POLA IGUALDADE
Para poder loitar contra a desigualdade de xéneros, convocamos desde a biblioteca a segunda edición de Imaxes pola igualdade. Neste concurso de fotografía tedes que crear as vosas propias fotografías nas que:
- denunciedes a violencia contra as compañeiras e as mulleres en xeral.
- mostredes a igualdade de xéneros á que temos que aspirar.
13/11/22
Prestige exposición
ANIVERSARIO DO PRESTIGE
Este 13 de novembro de 2022 cúmplense 20 anos dunha das maiores catástrofes medioambientais na costa galega. No 2002, o petroleiro Prestige con 77.000 toneladas de fuel atopábase á deriva fronte as costas de Muxía tras diversas maniobras para alonxalo da costa galega. O 19 pártese pola mitade, afundindo primeiro a popa e despois a proa. Nese momento, comeza a verter todo o combustible ao mar. Isto traduciuse nunha marea negra que encheu as costas galegas de chapapote.
Os galegos saíron ás rúas a protestar
baixo o lema Nunca máis para que non se volvera a repetir esta situación e para
pedir responsabilidades políticas e ecolóxicas.
Na biblioteca montamos unha exposición na que se ofrecen multitude de fondos bibliográficos para comprender o que ocorreu fai vinte anos e podamos aprender dos erros do pasado e non volver a cometerlos:
Animámos
a toda a comunidade educativa e ás familias a levar para casa calquera das
nosas recomendacións sobre este tema para poder informarse detalladamente. como, por exemplo:
02/11/22
Mes da ciencia en galego: retos
MES DA CIENCIA EN GALEGO
Durante todo este mes, nos segundos recreos na biblioteca haberá todo tipo de xogos científicos. O alumnado que máis retos consiga resolver terá premio. Animádevos a participar!