RETOMAMOS OS BOS COSTUMES. TOD@S A LER!
Xa está de volta a hora de ler incluída no Plan de Lectura do noso instituto. Con ela, retomamos un ano máis costumes que nos permiten disfrutar da lectura todas as semanas nas aulas. Iniciamos este costume o luns a primeira hora. Ademais de ter xa anotados nos tablóns das clases as datas deste curso, podedes consultar o seguinte calendario onde aparecen sinaladas as horas nas que se levará a cabo en cada mes de curso 2024/2025:
Xa podedes anotar nas vosas axendas o día que tedes que traer as vosas lecturas en papel. Tamén podedes telas seleccionadas no voso ordenador grazas á Plataforma ELBE 2. Se non sabedes como se emprega, non tedes máis que seguir as seguintes instrucións.
Ademais, por se algún de vós esquece o libro ou precisa de asesoramento, cada grupo disporá dunha caixa con suxestións lectoras de todo tipo que foron escollidas con moito mimo polo equipo da biblioteca.